Os usuarios do Entrans de Mancomun.org, ferramenta de tradución colaborativa, adaptaron ao galego a versión 2.0 do cliente de correo Thunderbird e a aplicación de calendario Sunbird. Ademais ao traducir esta última aplicación tamén se consegue adaptar ao galego Lightning, utilidade de axenda/calendario para Thunderbird.
Agora mesmo xa se pode descargar a tradución ao galego do Thunderbird 2 , feita coa axuda dos voluntarios do Entrans e máis da comunidade de tradución dos produtos mozilla ao galego. As instrucións de instalación atópanse dispoñibles no Wiki de Mancomun.org…
Proximamente esperamos poder ofrecer o paquete coa tradución para o Sunbird e o Lightning…
