Acabamos de rematar a tradución e revisión das cadeas traducidas do Sunbird usando o servizo de tradución online de mancomun.org (Entrans). Despois do proceso de revisión, levado a cabo xunto coa xente de Galician.mozdev.org, publicamos o complemento coa tradución ao galego que se pode descargar dende o Wiki de mancomun.org.
O Sunbird é unha aplicación independente baseada no módulo (ou complemento) de calendario de Mozilla e que cumpre sobradamente as funcións de axenda, lista de tarefas e calendario con alarmas. Tamén existe o Lightning, que é un complemento coas mesmas funcións e que se integran perfectamente co xestor de correo Thunderbird. En breve esperamos tamén sacar a tradución do Lightning ao galego usando a tradución do Sunbird.
No Entrans tamén se atopan os ficheiros para traducir o Gimp (actualmente nun 84% rematado).
Outros proxectos traducidos mediante o Entrans foron:
- Thunderbird 2.0
- Firefox 2.0
- OpenOffice.org
- B2Evolution
