Mancomún

Trolltech Qt será licenzado baixo GPL v3

http://www.mancomun.org/images/stories/qt.pngTrolltech vén de anunciar que a biblioteca Qt liberarase con licenza GPL v3. A licenza GPL v3 fará que sexa máis sinxelo e seguro, para os desenvolvedores de Software Libre, que empreguen Trolltech Qt nos seus proxectos baixo a licenza marco da Free Software Foundation. Trolltech espera que o seu movemento anime aos proxectos de Software Libre a empregar Qt e eliminar as antigas reticencias dos desenvolvedores que non vían con bos ollos a licenza de Trolltech.

O anuncio fíxose durante o evento do lanzamento do KDE 4.0, en Mountain View. Estas novas fan que a comunidade KDE se atope nun bo momento para a aparición de novas aplicacións para o contorno de escritorio grazas ás bibliotecas de Qt.

Fonte: Trolltech

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal