Un recente estudo á comunidade de usuarios de Alfresco desvela que Ubuntu é a distribución de Linux que máis rápido se está a adoptar dentro da súa comunidade.
Alfresco é un xestor de contidos empresarial (ECM) de código aberto, empregados para capturar, xestionar, almacenar e preservar contidos e documentos relacionados cos procesos dunha organización.
O crecemento da comunidade de usuarios de Alfresco no pasado ano 2007 foi moi grande, comezando en febreiro con 2000 membros rexistrados e rematando o ano con máis de 35.000.
En canto a distribución elixida para a súa implantación destaca o dato de que Ubuntu é a segunda distro máis implantada (23%), só por detrás de Red Hat cun 35% (pero só se xuntamos RHEL e Fedora). Microsoft só e a opción elixida por un 26.5% dos seus usuarios…
Ademais en canto ao servidor de aplicacións usado para Alfresco destaca por enriba de todos o uso de Tomcat cun 72% seguido de JBoss cun 18%.
En xeral, moi bos datos en relación ao uso de Software Libre con Alfresco.
Fonte da nova:
http://blogs.cnet.com/8301-13505_1-9868873-16.html



