Mancomún

Ubuntu publica unha páxina de 'Brainstorming'

O equipo de QA de Ubuntu vén de anunciar a creación dunha páxina de brainstorming. Dende esta páxina pódese propor novas funcionalidades que nos gustaría que tiveran as novas versións de Ubuntu, ou características que deberían mellorarse e votar sobre propostas feitas por outra xente.

As votacións poden ser tanto positivas como negativas e é preciso rexistrarse primeiro no sitio para poder facelo. Deste xeito o equipo de desenvolvemento de Ubuntu poderá ter unha idea da prioridade e da popularidade que poderían ter as propostas recibidas e atendelas por orde.

 

Unha idea no brainstorming pode enlazarse cun blueprint do Launchpad e cun bug ou un fío nos foros de discusión. Deste modo esperan enlazar as localizacións onde se envían as ideas agora, como comentarios nos foros ou nos informes de erros, co formato blueprint que é o que deberían ter para ser implementadas.

A inspiración para esta páxina recoñecen que vén da que fixeron anteriormente os de Dell: IdeaStorm.

Fonte: Planet Ubuntu

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal