Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerlo cuando regresa a nuestro sitio web y ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones del sitio web encuentra más interesantes y útiles.
A Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e IBM celebran desde o día 12 deste mes ata o día 14 no Campus das Llamas da UIMP, en Santander, a I Olimpiada Informática Universitaria Cell + LINUX. Acóllese neste evento o Seminario de Arquitecturas de Cell e Programación en LINUX e o Concurso de proxectos de programación en LINUX/Cell.
O seminario, que busca formar novos expertos nesta tecnoloxía de recente aparición, incluirá tamén unha serie de casos prácticos que servirán como demostracións e obradoiros libres, que contarán coa presenza de profesores para axudar a exercitar os coñecementos adquiridos, así como un taller de libre utilización con Play Stations instaladas.
Ademais, os alumnos que asistan á Olimpiada poderán optar ao concurso de proxectos de programación en LINUX/Cell en Play Station 3, ben individualmente ou en equipo. De entre os proxectos presentados a concurso, o xurado seleccionará os tres mellores. O primeiro dos proxectos galardoados recibirá 3.000 euros, mentres que o segundo e o terceiro serán premiados con 2.000 e 1.000 euros, respectivamente.
Na organización da I Olimpiada Informática Universitaria Cell + LINUX colaboran tamén o Barcelona Supercomputing Centre, o Centro de Referencia Linux-IBM-Universidad Autónoma de Madrid, o Centro de Referencia Linux-IBM-Universidad de Extremadura, a Universidad Autónoma de Barcelona, a Universidad Carlos III de Madrid, a Universidad Politécnica de Barcelona, a Universidad Politécnica de Madrid, a Universidad Politécnica de Valencia e a Universidad de Valencia.
