Mancomún

Un artigo de The Economist sinala que Ubuntu será a chave para o crecemento de Linux no 2008

Un artigo de The Economist sinala que Ubuntu será a chave para o crecemento de Linux no 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngUn artigo de The Economist no que se prevén as tendencias para o 2008 fai fincapé no mundo Linux e na importancia que Ubuntu está tendo neste mercado.

O artigo deste prestixioso diario de economía destaca o feito de que moitas empresas que tradicionalmente adoptaron unha filosofía propietaria abrirán as súas portas pouco a pouco ao Software Libre.  Segundo o seu autor, nin Apple nin Microsoft poden competir co prezo gratuíto destas solucións, un argumento moi importante para empresas que desexan reducir custes. Segundo algunhas opinións, dí o artigo, os usuarios de Linux pronto superarán aos de Mac OS.

Pero o máis interesante é o que se di de Ubuntu, unha distribución Linux que fixo máis doado o camiño ao resto de solucións neste segmento. «Non hai dúbida, Gutsy Gibbon é actualmente a distribución Linux máis elegante, mellor integradas e máis amigable para o usuario. Actualmente é máis doado de instalar e configurar que calquera Windows….

.. Fíxose un gran traballo tamén no apartado gráfico e especialmente nas fontes tipográficas, tan intuitivas e atractivas como nos Macs”.

Máis información e fonte completa da nova:
http://www.theinquirer.es/2007/12/28/ubuntu_clave_para_el_crecimiento_de_linux_.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal