Mancomún

Un dos maiores fabricantes de software sanitario adapta as súas solucións para Linux

O fabricante de solucións informáticas para a sanidade McKresson vén de adaptar con éxito as súas aplicacións a Linux. Deixou así de empregar custosos mainframes que funcionan baixo versións propietarias de Unix por sistemas con Linux en servidores básicos. Desde hai tres anos McKresson leva unha política de empregar sempre que sexa posible solucións de código aberto.

Como parte desta nova tendencia asinou un acordo con Red Hat para dar servizo aos seus clientes que poden aforrar ata un 60% en custos. O 75% dos clientes de McKresson xa se inclinaron polo código aberto.

Fonte: Computer World

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal