O Estado de Perak (Malaisia) decidiu constituír unha comisión de traballo para a implementación dunha estratexia de Software Libre e de Fonte Aberta seguindo o modelo de Estremadura.
Esta decisión é o resultado dunha visita realizada por unha representación do estado de Perak e dos acordos alcanzados entre o ministro de Educación, Ciencia e Tecnoloxía deste estado, e o conselleiro de Infraestruturas e Desenvolvemento Tecnolóxico estremeño…
Máis información: hoy.es, cibersur.com e regiondigital.com
