Mancomún

Un hospital de Boston migra os seus sistemas a solucións de Red Hat

Un hospital de Boston migra os seus sistemas a solucións de Red Hat

http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.pngUn importante hospital de Boston (Beth Israel Deaconess Medical Center, BIDMC), en EE.UU., migrou os seus sistemas a solucións de Red Hat (Red Hat Enterprise Linux, Red Hat Global File System, Red Hat Cluster Suite e Red Hat Network), incluíndo aqueles onde se executan aplicacións críticas, para mellorar a fiabilidade  e dispoñibilidade dos sistemas, a atencións aos pacientes, mellor recuperación ante desastres e un importante aforro de custes.

A división de sistemas informáticos do hospital, que mantén un datacenter con 146 aplicacións críticas para o funcionamento do hospital, decidiu substituír o sistema operativo propietario en 2005 cunha solucións máis segura, fiable que puidera aforrar custos ao hospital. O departamento técnico tamén buscaba un sistema de recuperación para desastres que puidera mellorar o rendemento é a dispoñibilidade…

 

O equipo de seguridade interna do hospital xa estaba executando Red Hat Enterprise Linux nos seus servidores durante 3 anos e tiñan unha ampla experiencia coas solucións de Red Hat doutro hospital previo.

Despois de expoñer graficamente os beneficios da migración a Red Hat, o hospital decidiuse a migrar os sistemas.

Red Hat Enterprise Linux execútase agora en 40 servidores do hospital, 11 dos cales están instalados nun cluster con Red Hat Enterprise Linux que tamén integra as aplicacións propietarias máis críticas do hospital, aquelas que son máis importantes para os pacientes. O hospital conta agora coa solución Red Hat Global File System e Cluster Suite para a xestión ante desastres.

 

Máis información na fonte orixinal da nova (en inglés):
http://www.centredaily.com/business/technology/story/393977.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal