A “Mancomunidad de Municipios de la Costa del Sol Axarquía” adxudicou á empresa Dulman Rede, S. L. a instalación de Software Libre nuns 700 computadores de 17 municipios da comarca.
O proxecto, que foi adxudicado por 248.472 euros, foi presentado á Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa de la Junta de Andalucía. Segundo explicou o presidente do ente mancomunado, José Domínguez Palma, o obxectivo da iniciativa é substituír o sistema operativo Windows por Linux.
O proceso durará uns dez meses e consistirá na migración de todos os datos existentes. Ademais, ofreceranse clases de formación aos operadores dos distintos concellos.
«Ademais do sistema operativo tamén se instalará un paquete de programas ofimático, o que pode supor un aforro duns 600 euros por equipo», explicou Domínguez.
Fonte: Diariosur.es
