Mancomún

Unha proposición insta á "Junta de Extremadura" a liberar a produción dixital

Hoxe discutirase unha proposición non de lei do Grupo Socialista, na Asemblea de Extremadura, que instará á «Junta» a liberar as súas producións dixitais en formato libre, empregando as licenzas Creative-Commons

Trátase dun instrumento que dotará de maior flexibilidade ao desenvolvemento da propiedade intelectual, dixo Lemus, que insistiu en que con esta iniciativa preténdese «abrir unha porta para que os autores teñan máis protección e os cidadáns acceso ás obras».

De aprobarse, tódalas creacións dixitais producidas pola «Junta», poderían estar a disposición dos cidadáns baixo diferentes termos de uso, pero sempre baixo un formato libre, de xeito similar a como funcionan as licenzas de software libre coma GPL no ámbito do desenvolvemento de aplicacións.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal