Unidistro é un proxecto que comezou sendo común a varias universidades españolas e que ten como obxectivo simplificar o proceso de personalización de distribucións baseadas en Ubuntu (proximamente tamén Debian). Finalmente o desenvolvemento levouno case por completo a Universidad de La Laguna.
Actualmente Unidistro forma parte dos proxectos de Ubuntu en Launchpad, e está sendo usado para xerar os CD de probas da próxima versión de Kubuntu (https://wiki.kubuntu.org/KubuntuHardyKde4).
Pois ben, aproveitando este fito, os seus desenvolvedores presentaron o proxecto no «I Encuentro Nacional de Desarrolladores de Software Libre», celebrado o pasado 15 de decembro dentro do X Congreso Nacional de Usuarios de Linux de España…
Fonte:
http://www2.ull.es/
