Acaba de saír a versión 0.3 de Correo, un programa de xestión do correo electrónico para Mac OS X que se basea no Mozilla Thunderbird. Trátase dunha iniciativa similar a Camino, un navegador web baseado en Mozilla Firefox para o sistema operativo propietario de Apple.
Correo evita XUL en favor da interface nativa Cocoa buscando integrarse máis coas características de Mac OS X como, por exemplo, a súa axenda de direccións. A versión 0.3 do programa foi lanzado a primeiros deste mes e o seu desenvolvedor ten un blogue sobre a súa evolución.
Fonte: Mozillaline
