Tras dous meses de desenvolvemento, a versión do Kernel 2.6.20 para Linux xa está dispoñible en
www.kernel.org. Esta nova versión do Kernel inclúe dúas implementacións diferentes de virtualización. Por unha banda
KVM, cunha completa capacidade de virtualización empregando as extensións de [[Intel]] e [[AMD]] e unha implementación de paravirtualización por diferentes
hypervisors (monitores de máquina virtual).
Este novo kernel tamén inclúe soporte para [[PS3]], depuración de inducción de erros, soporte UDP-lite, mellores informes de IO por proceso, atime relativo, algunhas optimizacións para X86 e moitas cousas máis.
A lista completa de cambios é accesible dende http://kernelnewbies.org/Linux_2_6_20.
A nova versión do Kernel pódese baixar dende http://www.kernel.org