
A
Ciberirmandade da Fala despois de meses de traballo anuncia o lanzamento da versión oficial dos foros
phpBB3 en galego. A tradución de máis de 4.500 liñas foi realizada por voluntarios. A isto hai que engadirlle o traballo feito con outros moitos textos fóra do código, a dispoñibilidade de imaxes traducidas, e todo o labor de comunicación realizado entre os programadores do proxecto e a CiberIrmandade.
O traballo da Ciberimandade na promoción da lingua galega inclúe unha importante actividade na tradución de Software Libre.