Visto en CódigoCero.com :
Esta fin de semana (do 11 ao 13 de Xaneiro) celebraranse en Vigo as xornadas «Contra-Meios», organizadas por Indymedia Galiza e coa colaboración dos Centros Sociais A Revolta e A Cova dos Ratos, Olholivre e Trebelab.
O programa do evento aínda e provisional, pero vai encamiñado a descubrir e divulgar alternativas reais ós sistemas e redes pechadas de desenvolvemento artístico-tecnolóxico
Venres 11 ás 19:00 na Revolta:
- Palestra, obradoiro: Internet para colectivos a cargo de Trebelab.
Sábado 12, Deseño e creación multimedia con ferramentas libres:
- Gimp/Inkscape/Scribus, achegamento ao deseño gráfico, ás 12:00 no CSA Cova dos Ratos.
- Xantar popular interactivo CSA Cova dos Ratos.
- Sesión de video sobremesa/sesta: audiovisuais queer 16:00 na Cova dos Ratos.
- Cinelerra, edición de vídeo a cargo de Olholibre, ás 18:00 na Revolta.
- Xuntanza de Olholibre, ás 21:00 na Revolta.
…
Domingo 12 no CSA Cova dos Ratos.
- Encontro haclab difuso galego, ás 13:00.
- Xantar popular interactivo.
- Sesión de video sobremesa/sesta: Á caza de hackers (documental) 16:00
- Encontro aberto Galiza Indymedia ¿interesada en participar? ¡acudide!, ás 17:00.
- Xuntanza equipa editorial, ás 18:00.
Máis información na fonte orixinal en CódigoCero.com ou en http://galiza.indymedia.org
