A empresa alemana Innotek vén de apresentar a versión 1.5 de VirtualBox, unha potente ferramenta de virtualización para PC de arquitectura x86 que se distribúe baixo licenza GPL. VirtualBox funciona sobre equipos GNU/Linux, Mac OS X e tamén Windows, permitindo a execución virtualizada de diversos sabores de Windows (NT 4.0, 2000, XP, Server 2003, Vista), tamén DOS/Windows 3.x, Linux (núcleos 2.4 e 2.6), ou OpenBSD entre outros. En Kriptópolis publican unha interesante revisión desta nova versión realmente prometedora acompañada dunha impresionante foto que amosa un XP virtualizado sobre un escritorio 3D con Compiz Fussion sobre Arch Linux. É tamén de resaltar o interesante modelo participativo que propón esta empresa integrando a dinámica do software libre no seu modelo de negocio. Virtual Box 1.5: prometedora solución de virtualización para PC
A empresa alemana Innotek vén de apresentar a versión 1.5 de VirtualBox, unha potente ferramenta de virtualización para PC de arquitectura x86 que se distribúe baixo licenza GPL. VirtualBox funciona sobre equipos GNU/Linux, Mac OS X e tamén Windows, permitindo a execución virtualizada de diversos sabores de Windows (NT 4.0, 2000, XP, Server 2003, Vista), tamén DOS/Windows 3.x, Linux (núcleos 2.4 e 2.6), ou OpenBSD entre outros. En Kriptópolis publican unha interesante revisión desta nova versión realmente prometedora acompañada dunha impresionante foto que amosa un XP virtualizado sobre un escritorio 3D con Compiz Fussion sobre Arch Linux. É tamén de resaltar o interesante modelo participativo que propón esta empresa integrando a dinámica do software libre no seu modelo de negocio.
