Virtual Magnifying Glass é unha lupa virtual feita con Software Libre e que se pode executar en Windows, Linux (rpm e tar.bz2) e FreeBSD (unha das futuras características é o soporte para Mac OS X e Pocket PC).
Virtual Magnifying Glass está deseñada para persoas con problemas visuais e outras que necesiten agrandar algunha parte da pantalla. Ao contrario que moitos programas similares, Virtual Magnifying Glass non abre outra aplicación nunha ventá aparte, senón que debuxa unha lupa con aumento que se pode mover libremente pola pantalla…

Na web oficial tamén atopamos unhas ligazóns a recursos (libres e non libres) interesantes para persoas con problemas visuais. Así temos tamén:
- The Screen Magnifiers Homepage: páxina con información sobre programas para aumentar a pantalla.
- InContrast: páxina especialmente deseñada para persoas que usan temas de escritorio de alto contraste con información de todo tipo.
- Braille virtual: Braille Virtual é un curso online e libre baseado en gráficos con animacións cuxo obxectivo é ensinar Braille a persoas que si poden ver e orientado especificamente a pais, nenos e mestres.
http://magnifier.sourceforge.net/
