Mancomún

VMware libera a especificación do seu disco virtual

VMware , o líder en software de virtualización, ven de anunciar que a especificación do seu formato de disco para máquinas virtuais está agora dispoñible de xeito aberto, descargable e gratuito. Esto permitirá que sexa empregado por todos os desenvolvedorer, vendedores de software ou proxectos, xa que inclúe unha licenza aberta compatible coas licenzas libres como a [[GPL]]. …

Ademáis, afirman que tamén darán soporte a outros formatos de discos virtuais adoptados polos clientes e traballarán para conquerir un estándar aberto nesta área. 

O vicepresidente de VMware dixo que «estamos a ofrecer o noso formato de disco virtual abertamente á industria da virtualización porque cremos que as especificacións abertas e libres farán aumentar a dispoñiblidade de productos complementarios, proporcionarán alternativas aos clientes, incrementan a interoperabilidade nos entornos de virtualización e a futura expanción do mercado  de virtualización, o que é bo para VMware».

Fonte: VMware 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal