Voluntari@s da web da CiberIrmandade da Fala veñen de rematar a tradución ao galego dos foros Fireboard na súa versión 1.0.4. Esta tradución é un novo e importante paso na adaptación ao galego de programas básicos para o desenvolvemento de webs sociais baseadas en software ceibe como Joomla! e Mambo.
Desde as Ciberirmandades queren agradecer á comunidade internauta a súa desinteresada colaboración neste importante traballo.
A tradución está dispoñible na seguinte ligazón…
Fonte da nova:
http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/425/1/
