WebIssues é unha aplicación que permite a xestión de erros ou incidencias no contorno dun equipo de traballo. Con esta ferramenta pódese levar a xestión tanto de erros de software como doutro tipo de incidencias dende a súa apertura até o fin do proceso, permitindo incluír adxuntos, atributos e comentarios en cada un deles.
As distintas versións tanto do servidor como do cliente pódense descargar no seguinte enderezo:
http://webissues.mimec.org/downloads
Páxina do proxecto:
http://webissues.mimec.org

