Mancomún

WOS: servidor web nunha memoria USB

WOS (Webserver On Stick) é un paquete de aplicacións que serve para executar un servidor web, baixo Windows (dende 98 até Vista), baseado en Apache, MySQL e PHP dende unha memoria USB ou calquera outro dispositivo escribible (disco duro, tarxeta flash…) sen necesidade de instalación.

Hai 3 versións diferentes de WOS, dúas delas GNU/GPL; WOS portable e WOS X e unha terceira comercial, WOS presenter.

WOS Portable, é a versión básica. Entre as súas características destaca:

  • Ten licenza GNU/GPL.
  • Vén cunha serie de software preinstalable para escoller: Apache2, Apache2_SE, ImageMagick, MySQL5, MySQL5_SE, PHP4, PHP4_SE, PHP5, PHP5_SE, Drupal, Joomla, MediaWiki, Moodle, OS_Commerce, PHPMyAdmin, PunBB, TYPO3, WordPress, knowledgeroot.
  • Hai unha opción PREMIUM dende onde se pode acceder á descarga de moitos máis paquetes software (Coppermine, e107, eGroupware, eZPublish, GTD-PHP, Ilias, ImageMagick 6, OpenDB, phpwcms, Redaxo, TikiWiki), obtense soporte gratuíto e a posibilidade de avaliar as novas versións antes de que sexan liberadas. Para ser un usuario PREMIUM só esixen unha doazón mínima dun euro.
  • Descarga dos paquetes. 

WOS X está deseñado para desenvolvedores e administradores.

  • Proporciona unha ferramenta de control remoto vía web, asistentes para a configuración de PHP, MySQL e Apache, PHP Quickrun, visor integrado dos logs dos servidores, sistema de axuda integrado…
  • Tamén ten licenza GNU/GPL. Precisa o paquete WOS Portable.  

Acceso ao código fonte de ambos paquetes

No seu wiki hai unha páxina na que se atopan os ficheiros para localizar a aplicación, que por certo está xa parcialmente traducida ao galego.
 
Máis información:  Wiki WOS e Foros WOS 

WOS Presenter está deseñado para editores para que poidan distribuír software baseado en servidores web de xeito que sexa posible executar o servidor directamente dende calquera medio (mesmo un CD) sen ningún coñecemento. É un produto comercial.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal