{"id":21314,"date":"2021-03-26T07:21:33","date_gmt":"2021-03-26T06:21:33","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/o-concello-de-zaragoza-pon-a-disposicion-os-seus-servizos-de-contratacion-publica\/"},"modified":"2024-06-11T12:19:14","modified_gmt":"2024-06-11T10:19:14","slug":"o-concello-de-zaragoza-pon-a-disposicion-os-seus-servizos-de-contratacion-publica","status":"publish","type":"mncmn-nova","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/novas\/o-concello-de-zaragoza-pon-a-disposicion-os-seus-servizos-de-contratacion-publica\/","title":{"rendered":"O Concello de Zaragoza pon a disposici\u00f3n os seus servizos de contrataci\u00f3n p\u00fablica"},"content":{"rendered":"\n<p>O Concello de Zaragoza pon a disposici\u00f3n os seus servizos de contrataci\u00f3n p\u00fablica desenvoltos no marco do proxecto <a href=\"https:\/\/theybuyforyou.eu\/\">\u201cThey Buy For You\u201d<\/a>. Estes servizos favorecen o co\u00f1ecemento e a comprensi\u00f3n dos datos por parte da cidadan\u00eda e melloran a transparencia dos procesos de contrataci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Todo o c\u00f3digo xerado para os servizos relacionados cos procesos de contrataci\u00f3n foi compartido como software libre<\/strong> no repositorio do Centro de Transferencia de Tecnolox\u00eda de Administraci\u00f3n Electr\u00f3nica do Goberno de Espa\u00f1a.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"300\" height=\"105\" src=\"https:\/\/mancomun.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/Screen-Shot-2020-10-30-at-16.42.53-300x105-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-61217\"\/><\/figure>\n\n\n\n<p>O Concello aposta por unha pol\u00edtica de facilitar a reutilizaci\u00f3n non s\u00f3 dos datos, tam\u00e9n da tecnolox\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Div\u00eddense en tres modalidades:<\/strong><br>&#8211; Servizos dirixidos \u00e1 cidadan\u00eda<br>&#8211; Servizos dirixidos a reutilizadores<br>&#8211; Servizos para a propia instituci\u00f3n<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\" id=\"servizos-destinados-\u00e1-cidadan\u00eda\">Servizos destinados \u00e1 cidadan\u00eda<\/h2>\n\n\n\n<p>O servizo de visualizaci\u00f3n foi desenvolvido para favorecer que a cidadan\u00eda co\u00f1eza e comprenda con moita maior precisi\u00f3n os procesos de contrataci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Este servizo permite \u00e1 cidadan\u00eda poder obter informaci\u00f3n sobre cuesti\u00f3ns tales como os contratos nos que participou unha empresa -os que ga\u00f1ou e aos que se presentou- ou que empresas licitaron por m\u00e1is cont\u00eda ou licitaron maior n\u00famero de contratos. Tam\u00e9n se pode acceder ao ecosistema de contrataci\u00f3n dos \u00faltimos 5 anos para o Concello de Zaragoza e as s\u00faas entidades dependentes: obt\u00e9ndose a cont\u00eda xeral, os contratos que xeraron un custo para o Concello, os que xeran ingresos, etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Ademais <strong>facil\u00edtase a descarga da informaci\u00f3n para que a cidadan\u00eda poida traballar con ela<\/strong>, sen que para iso deba ter un gran co\u00f1ecemento t\u00e9cnico.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"300\" height=\"74\" src=\"https:\/\/mancomun.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/06\/logo-300x74-1.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-61219\"\/><\/figure>\n\n\n\n<p id=\"section-1\"><\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\" id=\"servizos-para-reutilizadores\">Servizos para reutilizadores<\/h2>\n\n\n\n<p>O Concello tam\u00e9n desenvolveu d\u00faas apis: unha relacionada co servizo de visualizaci\u00f3n e outra que segue o est\u00e1ndar OCDS, co obxectivo de axudar e facilitar aos reutilizadores que xa te\u00f1en experiencia no uso deste est\u00e1ndar. A trav\u00e9s desta \u00faltima <strong>p\u00f3dese obter informaci\u00f3n como os procesos de contrataci\u00f3n dun ano concreto e toda a informaci\u00f3n relacionada con ese proceso<\/strong>: informaci\u00f3n sobre o servizo xestor e sobre a propia licitaci\u00f3n como o nome, o importe ou o CPV.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\" id=\"servizos-para-a-propia-instituci\u00f3n\">Servizos para a propia instituci\u00f3n<\/h2>\n\n\n\n<p>Desde o consistorio tam\u00e9n se desenvolveron unha serie de ferramentas dirixidas \u00e1 propia instituci\u00f3n. Estas ferramentas permiten controlar a informaci\u00f3n do servizo de visualizaci\u00f3n de contratos, as\u00ed como mellorar a eficiencia e axilidade, brindar o servizo cunha maior calidade e facilitar o traballo dos servizos municipais.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Desenvolv\u00e9ronse unha serie de ferramentas baseadas na infraestrutura tecnol\u00f3xica do proxecto que permiten buscar no grafo de co\u00f1ecemento os procesos de contrataci\u00f3n da Uni\u00f3n Europa<\/strong>. As\u00ed se pode facilitar ao servizo xestor o desenvolvemento dos pregos que vaia a desenvolver.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/administracionelectronica.gob.es\/pae_Home\/pae_Actualidad\/pae_Noticias\/Anio2021\/Febrero\/Noticia-CTT-2021-02-16-Ayuntamiento-Zaragoza-servicios-contratacion-proyecto-They-Buy-For-You.html#.YF2GkEP0mV5\">M\u00e1is informaci\u00f3n<\/a><\/p>\n","protected":false},"featured_media":61222,"template":"","categories":[9],"tags":[],"class_list":["post-21314","mncmn-nova","type-mncmn-nova","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-administracion-publica"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova\/21314","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/mncmn-nova"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/61222"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21314"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21314"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21314"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}