{"id":22315,"date":"2021-06-29T08:07:54","date_gmt":"2021-06-29T06:07:54","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/a-axencia-para-a-modernizacion-tecnoloxica-de-galicia-presenta-o-plan-de-software-libre-para-o-ano-2021\/"},"modified":"2024-06-11T19:17:32","modified_gmt":"2024-06-11T17:17:32","slug":"a-axencia-para-a-modernizacion-tecnoloxica-de-galicia-presenta-o-plan-de-software-libre-para-o-ano-2021","status":"publish","type":"mncmn-nova","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/novas\/a-axencia-para-a-modernizacion-tecnoloxica-de-galicia-presenta-o-plan-de-software-libre-para-o-ano-2021\/","title":{"rendered":"A Axencia para a Modernizaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica de Galicia presenta o plan de software libre para o ano 2021"},"content":{"rendered":"<p>OS AXENTES GALEGOS DO SOFTWARE LIBRE COLABORAR\u00c1N COA AMTEGA NO PLAN DE SOFTWARE LIBRE 2021<\/p>\n<ul>\n<li><strong>A Amtega v\u00e9n de publicar o plan de software libre 2021 con actuaci\u00f3ns nos eidos de empresa, cidadan\u00eda e administraci\u00f3n<\/strong><\/li>\n<li><strong>Mant\u00e9n a s\u00faa aposta polo uso e reutilizaci\u00f3n de software libre co compromiso de liberaci\u00f3n de d\u00faas novas aplicaci\u00f3ns no Repositorio de Software Libre<\/strong><\/li>\n<li><strong>A trav\u00e9s dos diferentes convenios de colaboraci\u00f3n para a difusi\u00f3n e fomento do uso de software libre, a Amtega traballar\u00e1 man a man cos distintos axentes do tecido galego de software libre para acadar este obxectivo<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>A Axencia para a Modernizaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica de Galicia (Amtega) v\u00e9n de publicar o Plan de Acci\u00f3n en Software Libre 2021, que recolle diferentes actuaci\u00f3ns co obxectivo de fomentar e promover o uso e reutilizaci\u00f3n de software libre na administraci\u00f3n p\u00fablica, o impulso dunha oferta de soluci\u00f3ns libres e de calidade para as nosas empresas, e incrementar o uso e co\u00f1ecemento do software libre por parte da sociedade.<\/p>\n<p>Como xa v\u00e9n sendo habitual, unha parte moi importante destas actuaci\u00f3ns desenvolveranse en colaboraci\u00f3n dos principais axentes do ecosistema de software libre galego. As\u00ed asin\u00e1ronse convenios coa Asociaci\u00f3n Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL); coas Asociaci\u00f3ns Galegas de Usuarios de Software Libre (AGUSL); e co Consorcio para o desenvolvemento de aplicaci\u00f3ns Inform\u00e1ticas de Xesti\u00f3n Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas. As\u00ed mesmo, o acordo de colaboraci\u00f3n co colexio profesional de Enxe\u00f1ar\u00eda T\u00e9cnica Inform\u00e1tica (CPETIG) incl\u00fae tam\u00e9n algunha actuaci\u00f3n en prol do fomento do Software Libre.<\/p>\n<p>Os acordos asinados permitir\u00e1n a realizaci\u00f3n de diferentes tipos de actividades que incl\u00faen dende a traduci\u00f3n de Software Libre, a organizaci\u00f3n de xornadas, cursos, obradoiros, o fomento do software libre en proxectos de cooperaci\u00f3n ou solidariedade social, a introduci\u00f3n \u00e1 rob\u00f3tica educativa con software e hardware libre ou a formaci\u00f3n en Software Libre nas Universidades.<\/p>\n<h3>Software Libre na Administraci\u00f3n<\/h3>\n<p>No \u00e1mbito da administraci\u00f3n a Amtega continuar\u00e1 promovendo o emprego de tecnolox\u00edas libres en proxectos de calado para a Administraci\u00f3n reforzando a s\u00faa posici\u00f3n como referencia e exemplo de pol\u00edticas de eficiencia e bo uso de tecnolox\u00edas libres grazas \u00e1 implantaci\u00f3n de soluci\u00f3ns de software libre na s\u00faa infraestrutura tecnol\u00f3xica coa consecuci\u00f3n de aforro e mellora de produtividade, As\u00ed mesmo mant\u00e9n o seu compromiso de liberaci\u00f3n de d\u00faas novas soluci\u00f3ns tic desenvolvidas pola administraci\u00f3n p\u00fablica galega a fin de facilitar a s\u00faa reutilizaci\u00f3n por outras administraci\u00f3ns.<\/p>\n<h3>Software Libre na empresa<\/h3>\n<p>No \u00e1mbito empresarial, as actuaci\u00f3ns ir\u00e1n dirixidas a promover o uso de soluci\u00f3ns libres de calidade que permitan \u00e1s nosas empresas mellorar en eficacia e competitividade. Ademais da actividade que se vi\u00f1a prestando a trav\u00e9s do Centro Demostrador TIC, a posta en marcha este ano do Gai\u00e1sTech permitir\u00e1 seguir achegando soluci\u00f3ns de software libre \u00e1s empresas, as\u00ed como novas tecnolox\u00edas emerxentes, nas que o software libre xoga un papel moi importante.<\/p>\n<h3>Software Libre para a cidadan\u00eda<\/h3>\n<p>Finalmente entre as actuaci\u00f3ns dirixidas \u00e1 cidadan\u00eda en xeral, destacar que se seguir\u00e1n potenciando as tecnolox\u00edas libres dentro dos programas de alfabetizaci\u00f3n e capacitaci\u00f3n dixitais da rede CeMIT as\u00ed como no resto de iniciativas recollidas no Plan de Inclusi\u00f3n Dixital de Galicia.<\/p>\n<p>Un ano m\u00e1is a Amtega colaborar\u00e1 co CIXUG no Premio ao mellor traballo universitario de fin de grado con Software Libre e que tam\u00e9n conta coa participaci\u00f3n da Asociaci\u00f3n GPUL.<\/p>\n<p>Por suposto \u00e9 neste eido onde se desenvolver\u00e1n a maior parte das actuaci\u00f3ns que se executar\u00e1n ao abeiro dos convenios de colaboraci\u00f3n asinados cos axentes do ecosistema de software libre de Galicia.<\/p>\n<h3>Balance do Plan de Software Libre 2020<\/h3>\n<p>Xunto co plan 2021 publ\u00edcase tam\u00e9n o balance das actuaci\u00f3ns de fomento do software libre desenvolvidas pola Amtega e en colaboraci\u00f3n cos distintos axentes durante o ano 2020.<\/p>\n<p>A pesar de ser un ano complicado pola situaci\u00f3n sanitaria derivada da pandemia provocada pola COVID19 e as restrici\u00f3ns motivadas polo ben da sa\u00fade p\u00fablica, acadouse un nivel de cumprimento do plan establecido moi alto. Grazas \u00e1 r\u00e1pida resposta de todos os axentes implicados puid\u00e9ronse adaptar moitas das actividades para seren levadas a cabo.<\/p>\n<p>As\u00ed pois, a pesar da situaci\u00f3n, lev\u00e1ronse a cabo ata un total de 41 actividades que supuxeron m\u00e1is de 25.000 horas de formaci\u00f3n en software libre alcanzando ata un total de 19.500 persoas. A trav\u00e9s do Centro Demostrador TIC, algo m\u00e1is de 400 empresas participaron nas diferentes actividades desenvolvidas sobre soluci\u00f3ns de software libre. O portal Mancom\u00fan seguiu a ser o punto de referencia sobre o software libre en Galicia, publicando m\u00e1is de 500 novas ao longo do ano, artigos t\u00e9cnicos especializados, p\u00edlulas en formato v\u00eddeo, como a serie especial de ferramentas de software libre para o teletraballo, ou os diferentes programas do podcast de Mancom\u00fan, entre os que compre destacar unha serie especial de entrevistas a mulleres que destacan no \u00e1mbito das TIC.<\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"https:\/\/www.xunta.gal\/notas-de-prensa\/-\/nova\/59275\/los-agentes-gallegos-del-software-libre-colaboraran-con-amtega-plan-software\">https:\/\/www.xunta.gal\/notas-de-prensa\/-\/nova\/59275\/los-agentes-gallegos-del-software-libre-colaboraran-con-amtega-plan-software<\/a><\/p>\n<p>Ligaz\u00f3n ao plan: <a href=\"https:\/\/www.mancomun.gal\/plan-de-accion\/plan-de-software-libre-2021\/\">https:\/\/www.mancomun.gal\/plan-de-accion\/plan-de-software-libre-2021\/<\/a><\/p>\n","protected":false},"featured_media":61561,"template":"","categories":[9],"tags":[],"class_list":["post-22315","mncmn-nova","type-mncmn-nova","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-administracion-publica"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova\/22315","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/mncmn-nova"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/61561"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=22315"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=22315"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=22315"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}