{"id":23279,"date":"2021-10-01T07:48:29","date_gmt":"2021-10-01T05:48:29","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/estendido-o-prazo-para-a-presentacion-de-candidaturas-ao-premio-ao-mellor-proxecto-universitario-con-licenza-libre\/"},"modified":"2024-05-02T14:11:15","modified_gmt":"2024-05-02T12:11:15","slug":"estendido-o-prazo-para-a-presentacion-de-candidaturas-ao-premio-ao-mellor-proxecto-universitario-con-licenza-libre","status":"publish","type":"mncmn-nova","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/novas\/estendido-o-prazo-para-a-presentacion-de-candidaturas-ao-premio-ao-mellor-proxecto-universitario-con-licenza-libre\/","title":{"rendered":"Estendido o prazo para a presentaci\u00f3n de candidaturas ao premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre"},"content":{"rendered":"\n<p>Est\u00e9ndese o prazo para a presentaci\u00f3n de candidaturas ata o 8 de outubro. Pode presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que te\u00f1a defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, Traballo de Fin de Grao ou Traballo de Fin de Mestrado nalgunha das convocatorias do ano acad\u00e9mico 2020-2021.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image aligncenter size-full\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"972\" height=\"437\" src=\"https:\/\/mancomun.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/premio_pfc_2021_estendido.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-60444\" srcset=\"https:\/\/mancomun.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/premio_pfc_2021_estendido.png 972w, https:\/\/mancomun.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/premio_pfc_2021_estendido-300x135.png 300w, https:\/\/mancomun.gal\/wp-content\/uploads\/2024\/05\/premio_pfc_2021_estendido-768x345.png 768w\" sizes=\"auto, (max-width: 972px) 100vw, 972px\" \/><\/figure>\n\n\n\n<p>O Consorcio para o desenvolvemento de aplicaci\u00f3ns para a Xesti\u00f3n Universitaria (CIXUG) en colaboraci\u00f3n co Axencia para a Modernizaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica de Galicia (Amtega), convoca a XIV edici\u00f3n do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de fomentar e achegar as universitarias e universitarios galegos ao software libre e \u00e1s posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicaci\u00f3n ou colaboraci\u00f3n con proxectos libres.<\/p>\n\n\n\n<p>Toda a informaci\u00f3n sobre como participar est\u00e1 dispo\u00f1ible na p\u00e1xina do premio dentro do portal mancom\u00fan (<a href=\"https:\/\/www.mancomun.gal\/premiopfc\/\">https:\/\/www.mancomun.gal\/premiopfc\/<\/a>). Ademais, para calquera consulta pode contactarse coa organizaci\u00f3n do premio na Oficina de Software Libre do CIXUG, ou na Oficina de Coordinaci\u00f3n de Software Libre da Amtega.<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\" id=\"requisitos-e-prazos\">Requisitos e prazos<\/h2>\n\n\n\n<p>As e os estudantes interesados en participar neste premio deben saber que os requisitos que deben cumprir estes traballos son: ter sido realizados cunha implementaci\u00f3n libre de calquera linguaxe de programaci\u00f3n e ter publicado o software desenvolvido durante o proxecto cunha licenza libre entre as reco\u00f1ecidas como tal pola Free Software Foundation ou a Open Source Iniciative. As\u00ed mesmo, tam\u00e9n poden participar proxectos que fagan uso de Hardware Libre.<\/p>\n\n\n\n<p>Para participar neste premio as persoas interesadas deben seguir todos os pasos requiridos nas <a href=\"https:\/\/www.mancomun.gal\/premiopfc\/bases\/\">bases do premio<\/a> antes do d\u00eda 8 de outubro:<br>&#8211; Inscribir o proxecto na forxa de mancom\u00fan no t\u00f3pico \u201cConcursos &gt; Premio ao mellor PFC con Software Libre &gt; 2021\u201d<br>&#8211; Entregar unha memoria (m\u00e1ximo 10 p\u00e1xinas) explicativa dos aspectos espec\u00edficos do Software Libre e actividade p\u00fablica do proxecto. A memoria deber\u00e1 publicarse na secci\u00f3n Documentos do proxecto na Forxa<br>&#8211; Darse de alta na lista de correo do premio onde se resolver\u00e1n todas as d\u00fabidas que poidan ter os participantes, as\u00ed como se realizar\u00e1 a coordinaci\u00f3n do acto de resoluci\u00f3n do premio.<br>&#8211; Cubrir o formulario de inscrici\u00f3n<\/p>\n\n\n\n<h2 class=\"wp-block-heading\" id=\"finalistas-e-acto-de-resoluci\u00f3n\">Finalistas e acto de resoluci\u00f3n<\/h2>\n\n\n\n<p>Unha vez finalizado o prazo de presentaci\u00f3n de candidaturas, o xurado seleccionar\u00e1 os finalistas que deber\u00e1n acudir ao acto de resoluci\u00f3n do premio, que se celebrar\u00e1 o <strong>venres d\u00eda 22 de Outubro<\/strong>. Os finalistas deber\u00e1n realizar unha breve presentaci\u00f3n do traballo realizado no seu proxecto, facendo especial fincap\u00e9 nos aspectos do seu proxecto relacionados co Software Libre, dos logros acadados, das perspectivas de futuro\u2026 Este premio ten por obxectivo non s\u00f3 recompensar a un proxecto tecnicamente bo, sen\u00f3n a un bo proxecto de software libre. Os criterios de valoraci\u00f3n que ter\u00e1 en conta o xurado \u00e1 hora de tomar a s\u00faa decisi\u00f3n son os seguintes aspectos:<\/p>\n\n\n\n<p>Nivel de actividade p\u00fablica do traballo. Valorarase a publicaci\u00f3n contin\u00faa do traballo, ben sexa utilizando as listas de correo dun proxecto existente, as da forxa de mancomun.gal ou calquera outro medio web, coma por exemplo blogs persoais; a colaboraci\u00f3n con outros proxectos de software libre, a creaci\u00f3n de comunidade, etc.<\/p>\n\n\n\n<p>Uso adecuado dunha licenza libre: valorarase a correcta elecci\u00f3n dunha licenza libre e posterior aplicaci\u00f3n da mesma ao c\u00f3digo do proxecto.<\/p>\n\n\n\n<p>Calidade do proxecto: dese\u00f1o e implementaci\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>O Premio ao mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre contar\u00e1 cunha dotaci\u00f3n econ\u00f3mica inicial de 1.500\u20ac grazas \u00e1 achega do Consorcio para o desenvolvemento de aplicaci\u00f3ns para a Xesti\u00f3n Universitaria (CIXUG) no marco do convenio de colaboraci\u00f3n asinado coa Amtega para o fomento e difusi\u00f3n do software libre. Ademais, est\u00e1 previsto que se poida ampliar esta dotaci\u00f3n econ\u00f3mica ata un m\u00e1ximo de 750\u20ac m\u00e1is en colaboraci\u00f3n con outros axentes do ecosistema de software libre no \u00e1mbito universitario. Esta iniciativa enm\u00e1rcase no Plan de Acci\u00f3n de Software Libre 2021 da Xunta de Galicia, dentro das li\u00f1as de actuaci\u00f3n para mellorar e potenciar os mecanismos de formaci\u00f3n e difusi\u00f3n do software de fontes abertas entre a cidadan\u00eda galega e en particular no estudantado universitario.<\/p>\n\n\n\n<p><a href=\"https:\/\/www.cixug.es\/novidades\/entrada\/Estendido-o-prazo-ata-o-8-de-outubro.-Presentacion-de-candidaturas-ao-premio-ao-mellor-proxecto-universitario-con-licenza-libre\/\">M\u00e1is informaci\u00f3n<\/a><\/p>\n","protected":false},"featured_media":60447,"template":"","categories":[710,8],"tags":[84],"class_list":["post-23279","mncmn-nova","type-mncmn-nova","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-cidadania","category-cursos-e-xornadas","tag-premio-pfc-libre"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova\/23279","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/mncmn-nova"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/60447"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23279"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23279"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23279"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}