{"id":23846,"date":"2022-01-18T20:18:08","date_gmt":"2022-01-18T19:18:08","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/a-comision-europea-lexisla-a-favor-de-liberar-o-seu-software\/"},"modified":"2022-09-15T13:00:51","modified_gmt":"2022-09-15T11:00:51","slug":"a-comision-europea-lexisla-a-favor-de-liberar-o-seu-software","status":"publish","type":"mncmn-nova","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/novas\/a-comision-europea-lexisla-a-favor-de-liberar-o-seu-software\/","title":{"rendered":"A Comisi\u00f3n Europea lexisla a favor de liberar o seu software"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><strong>A Comisi\u00f3n Europea aprobou a finais do ano 2021 unha serie de <a href=\"https:\/\/ec.europa.eu\/commission\/presscorner\/detail\/es\/ip_21_6649\">normas sobre software libre<\/a>.<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>Grazas \u00e1 aprobaci\u00f3n desta lexislaci\u00f3n as soluci\u00f3ns de software que se desenvolvan baixo as ordes da Comisi\u00f3n deber\u00e1n estar amparadas baixo licenzas libres. Deste xeito introd\u00facense <strong>facilidades para a liberaci\u00f3n de software<\/strong>, tanto de futura creaci\u00f3n como de soluci\u00f3ns que xa pos\u00faa a propia Comisi\u00f3n, al\u00e9n dos propios beneficios que pode ter na sociedade como a reduci\u00f3n de custos debido \u00e1 reutilizaci\u00f3n de c\u00f3digo tanto nas instituci\u00f3ns europeas como en empresas tecnol\u00f3xicas.<\/p>\n<p>A Comisi\u00f3n tam\u00e9n prev\u00e9 realizar a liberaci\u00f3n das soluci\u00f3ns nun repositorio de cara a facilitar o acceso ao c\u00f3digo fonte, ademais de realizar varias verificaci\u00f3ns e auditor\u00edas de seguridade, protecci\u00f3n de datos, etc. A decisi\u00f3n de centralizar o c\u00f3digo das soluci\u00f3ns nun \u00fanico sitio traer\u00e1 facilidades para difusi\u00f3n dos programas, para a s\u00faa revisi\u00f3n e para o mantemento t\u00e9cnico.<\/p>\n<p>Outra boa nova para a comunidade do software libre \u00e9 que dende a Comisi\u00f3n <strong>permitir\u00e1n aos desenvolvedores de software contribu\u00edr con outros proxectos<\/strong> aplicando compo\u00f1entes ou melloras que te\u00f1an desenvolvido como parte do seu propio traballo. Un fen\u00f3meno importante do que existen algunhas queixas nas comunidades de desenvolvemento \u00e9 que as soluci\u00f3ns derivadas tiran proveito de proxectos libres sen dar nada a cambio e que grazas a esta medida, polo menos os esforzos de traballos de adaptaci\u00f3n por parte dos desenvolvedores do ente europeo quedar\u00e1n liberados para que poidan ser reutilizados pola comunidade.<\/p>\n<p>En resumo, estas novidades lexislativas redundan nunha mellora xeral para a sociedade xa que o <strong>software libre contrib\u00fae ao PIB de toda a Uni\u00f3n Europea entre 65 e 95 mil mill\u00f3ns de euros<\/strong> como se apunta nun <a href=\"https:\/\/digital-strategy.ec.europa.eu\/en\/library\/study-about-impact-open-source-software-and-hardware-technological-independence-competitiveness-and\">informe publicado en setembro<\/a> titulado \u00ab<em>Study about the impact of open source software and hardware on technological independence, competitiveness and innovation in the EU economy<\/em>\u00bb no que se fai a previsi\u00f3n de que aumente a participaci\u00f3n da Uni\u00f3n Europea no desenvolvemento do software libre nun 10%, que se traducir\u00e1 nun aumento do PIB entorno ao medio punto porcentual (sobre 100.000 mill\u00f3ns de euros).<\/p>\n","protected":false},"featured_media":14069,"template":"","categories":[9],"tags":[],"class_list":["post-23846","mncmn-nova","type-mncmn-nova","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-administracion-publica"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova\/23846","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/mncmn-nova"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/14069"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23846"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23846"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23846"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}