{"id":63783,"date":"2025-10-27T12:36:30","date_gmt":"2025-10-27T11:36:30","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/?post_type=mncmn-nova&#038;p=63783"},"modified":"2026-03-18T17:25:42","modified_gmt":"2026-03-18T16:25:42","slug":"publicada-a-guia-de-recursos-de-software-libre-para-mulleres-emprendedoras-do-rural","status":"publish","type":"mncmn-nova","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/novas\/publicada-a-guia-de-recursos-de-software-libre-para-mulleres-emprendedoras-do-rural\/","title":{"rendered":"Publicada a Gu\u00eda de recursos de software libre para mulleres emprendedoras do rural"},"content":{"rendered":"\n<p><strong>A publicaci\u00f3n busca fomentar o empoderamento dixital das mulleres, impulsar a innovaci\u00f3n e promover o uso de tecnolox\u00edas abertas como motor de desenvolvemento econ\u00f3mico e social<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p><strong>Ofrece soluci\u00f3ns pr\u00e1cticas para as emprendedoras, desde a xesti\u00f3n de proxectos e comunicaci\u00f3n ata o comercio electr\u00f3nico e a creaci\u00f3n de contido<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A Axencia para a Modernizaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica de Galicia (Amtega) ampl\u00eda os recursos dispo\u00f1ibles no portal Mancom\u00fan.gal coa publicaci\u00f3n da nova <a href=\"https:\/\/mancomun.gal\/ficha\/guia-de-recursos-de-software-libre-para-mulleres-emprededoras-do-rural\/\">Gu\u00eda de recursos de software libre para mulleres emprendedoras do rural<\/a>.\u00a0O\u00a0documento recolle aplicaci\u00f3ns, plataformas e servizos baseados en tecnolox\u00edas abertas pensados para facilitar o emprendemento feminino no medio rural.<\/p>\n\n\n\n<p>Esta gu\u00eda nace co obxectivo de contribu\u00edr \u00e1 reduci\u00f3n da fenda dixital de x\u00e9nero e territorial, ofrecendo soluci\u00f3ns pr\u00e1cticas para o d\u00eda a d\u00eda das emprendedoras, desde a xesti\u00f3n de proxectos e comunicaci\u00f3n ata o comercio electr\u00f3nico e a creaci\u00f3n de contido. O documento forma parte do Plan de Software Libre da Amtega e reforza o compromiso da Xunta de Galicia co fomento da igualdade de oportunidades no acceso \u00e1 tecnolox\u00eda.<br><br>A s\u00faa elaboraci\u00f3n foi posible grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n da Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns de Mulleres Rurais (FADEMUR), coa que a Amtega mantivo diferentes encontros e sesi\u00f3ns de traballo co obxectivo de co\u00f1ecer de primeira man as necesidades e inquedanzas das mulleres do rural respecto ao uso da tecnolox\u00eda. Froito desta colaboraci\u00f3n xorde unha gu\u00eda adaptada \u00e1 realidade do emprendemento feminino rural galego, que recolle tanto as demandas detectadas como as posibles soluci\u00f3ns baseadas en software libre.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Un documento pr\u00e1ctico e sinxelo<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A gu\u00eda est\u00e1 redactada cunha linguaxe amena e sinxela, pensada para facilitar a comprensi\u00f3n de conceptos tecnol\u00f3xicos e achegar o software libre a persoas con distintos niveis de experiencia dixital. Incl\u00fae exemplos coti\u00e1ns, recomendaci\u00f3ns pr\u00e1cticas e casos de uso reais que ilustran como as ferramentas abertas poden ser \u00fatiles no d\u00eda a d\u00eda dun proxecto emprendedor no rural.<\/p>\n\n\n\n<p>Est\u00e1 estruturada en diferentes \u00e1reas tem\u00e1ticas que abranguen todo o ciclo de vida dun proxecto emprendedor. Entre os contidos m\u00e1is destacados incl\u00faense:<\/p>\n\n\n\n<ul class=\"wp-block-list\">\n<li>A selecci\u00f3n de ferramentas de software libre para a xesti\u00f3n administrativa, financeira e de comunicaci\u00f3n das empresas.<\/li>\n\n\n\n<li>Soluci\u00f3ns abertas para o dese\u00f1o gr\u00e1fico, a creaci\u00f3n de contidos dixitais e a promoci\u00f3n de produtos e servizos a trav\u00e9s da web e redes sociais.<\/li>\n\n\n\n<li>Recursos formativos e comunidades de apoio que favorecen a aprendizaxe e a colaboraci\u00f3n entre mulleres emprendedoras.<\/li>\n<\/ul>\n\n\n\n<p>A gu\u00eda est\u00e1 dispo\u00f1ible en li\u00f1a de forma gratu\u00edta a trav\u00e9s do portal Mancom\u00fan.gal, permitindo que calquera persoa interesada poida descargar o documento e explorar as s\u00faas recomendaci\u00f3ns e recursos.<\/p>\n\n\n\n<p><strong>Plan Anual de Software Libre<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Esta&nbsp;gu\u00eda forma parte das acci\u00f3ns previstas dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, que busca consolidar a transformaci\u00f3n dixital na comunidade galega.&nbsp;Concretamente forman parte do Plan de acci\u00f3n en materia de Software Libre.&nbsp;A Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Amtega, segue a traballar no desenvolvemento de iniciativas que promovan un ecosistema dixital inclusivo, sustentable e innovador.<\/p>\n\n\n\n<p>Dende que no ano 2010 a Xunta de Galicia puxera en marcha, por primeira vez en Galicia, un plan espec\u00edfico orientado ao fomento do Software libre, na Comunidade t\u00e9\u00f1ense conseguido grandes avances na s\u00faa adopci\u00f3n e uso nos diversos \u00e1mbitos da nosa sociedade.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p>Os eixos principais de actuaci\u00f3n para o fomento de soluci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas baseadas en software libre te\u00f1en como obxectivos&nbsp;o fortalecemento do&nbsp;sector empresarial&nbsp;galego, o achegamento de software libre ao conxunto da sociedade e o fomento da reutilizaci\u00f3n do software na administraci\u00f3n p\u00fablica.<\/p>\n","protected":false},"featured_media":63774,"template":"","categories":[710],"tags":[800],"class_list":["post-63783","mncmn-nova","type-mncmn-nova","status-publish","has-post-thumbnail","hentry","category-cidadania","tag-guias"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova\/63783","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/mncmn-nova"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/mncmn-nova"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/63774"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=63783"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=63783"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=63783"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}