{"id":34958,"date":"2006-07-13T09:37:40","date_gmt":"2006-07-13T07:37:40","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/o-concello-de-san-roque-e-a-universidade-de-cadiz-firman-un-acordo-para-desenvolver-software-libre\/"},"modified":"2006-07-13T09:37:40","modified_gmt":"2006-07-13T07:37:40","slug":"o-concello-de-san-roque-e-a-universidade-de-cadiz-firman-un-acordo-para-desenvolver-software-libre","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/o-concello-de-san-roque-e-a-universidade-de-cadiz-firman-un-acordo-para-desenvolver-software-libre\/","title":{"rendered":"O concello de San Roque e a Universidade de C\u00e1diz firman un acordo para desenvolver Software Libre"},"content":{"rendered":"<div align=\"justify\">O alcalde de San Roque, Jos\u00e9 V\u00e1zquez, e o rector da Universidade de C\u00e1diz, Diego Sales M\u00e1rquez, asinaron un acordo marco de colaboraci\u00f3n en Software Libre a desenvolver entre ambas instituci\u00f3ns.<\/div>\n<div align=\"justify\">\u00a0<\/div>\n<div align=\"justify\">O convenio est\u00e1 referido \u00e1 cooperaci\u00f3n entre ambas partes firmantes en materia de tecnolox\u00edas que estean, dalg\u00fan modo, relacionadas co Software Libre&#8230;<\/div>\n<p><\/p>\n<div align=\"justify\">A \u00ab<a target=\"_blank\" title=\"http:\/\/softwarelibre.uca.es\/\" href=\"http:\/\/softwarelibre.uca.es\" rel=\"noopener\">Oficina de Software Libre<\/a> \u00bb da Universidade de C\u00e1diz e o CPD do Concello de San Roque designar\u00e1n \u00e1s persoas encargadas do cumprimento do acordo de colaboraci\u00f3n, evaluando a s\u00faa aplicaci\u00f3n, promovendo li\u00f1as de acci\u00f3n com\u00fans e adoptando cantas medidas consideren necesarias para o seu desenvolvemento.<br \/>\u00a0<br \/>Este convenio real\u00edzase dado que a Lei Org\u00e1nica 6\/2001, do 21 de decembro, de Universidades, define \u00e1 universidade como un servizo p\u00fablico e entre as s\u00faas funci\u00f3ns sinala, entre outras, \u00aba creaci\u00f3n, desenvolvemento, transmisi\u00f3n e cr\u00edtica da ciencia, da t\u00e9cnica e da cultura; a difusi\u00f3n, a valorizaci\u00f3n e a transferencia do co\u00f1ecemento ao servizo da cultura, da calidade da vida, e do desenvolvemento econ\u00f3mico; a difusi\u00f3n do co\u00f1ecemento e a cultura a trav\u00e9s da extensi\u00f3n universitaria e a formaci\u00f3n ao longo de toda a vida\u00bb. <\/div>\n<div align=\"justify\">\u00a0<\/div>\n<div align=\"justify\">Por iso, a Universidade de C\u00e1diz aprobou de forma institucional unha declaraci\u00f3n de apoio ao Software Libre xunto \u00e1 creaci\u00f3n da Oficina de Software Libre da Universidade de C\u00e1diz, co fin de \u00abpotenciar o compromiso da universidade coa sociedade que a rodea, incentivando o desenvolvemento da econom\u00eda rexional; establecer v\u00edas de colaboraci\u00f3n con outras universidades, instituci\u00f3ns e empresas da nosa contorna; fomentar a independencia tecnol\u00f3xica, racionalizar gastos e facer da UCA referencia na nosa contorna para o avance da sociedade da informaci\u00f3n e o co\u00f1ecemento; promover a educaci\u00f3n en aspectos \u00e9ticos positivos como a solidariedade, a colaboraci\u00f3n e a legalidad\u00bb. <\/div>\n<div align=\"justify\">\u00a0<\/div>\n<div align=\"justify\">Igualmente, o concello aprobou unha moci\u00f3n na que se apostaba decididamente por impulsar e promover o uso do Software Libre de forma institucional. Pl\u00e1smase as\u00ed o desexo de ambas instituci\u00f3ns de \u00abmanter, favorecer e actualizar as relaci\u00f3ns de colaboraci\u00f3n mantidas durante os \u00faltimos anos na aplicaci\u00f3n de tecnolox\u00edas relacionadas co Software Libre para os seus respectivos fins, establecendo li\u00f1as concretas de actuaci\u00f3n que posibiliten o intercambio de co\u00f1ecemento e o mellor aproveitamento dos recursos humanos, econ\u00f3micos e t\u00e9cnicos dentro da provincia de C\u00e1diz, todo iso de forma paralela ao marco de colaboraci\u00f3n que desde fai anos mante\u00f1en ambas instituci\u00f3ns cos Cursos de Ver\u00e1n\u00bb.\u00a0 <\/div>\n<div align=\"justify\">\u00a0<\/div>\n<div align=\"justify\">Pode ver a fonte orixinal da noticia sen traducir en: <a target=\"_blank\" title=\"http:\/\/www.laflecha.net\/\" href=\"http:\/\/www.laflecha.net\/canales\/softlibre\/noticias\/200607121\" rel=\"noopener\">www.laflecha.net<\/a> \u00a0<\/div>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div align=\"justify\">O alcalde de San Roque, Jos\u00e9 V\u00e1zquez, e o rector da Universidade de C\u00e1diz, Diego Sales M\u00e1rquez, asinaron un acordo marco de colaboraci\u00f3n en Software Libre a desenvolver entre ambas instituci\u00f3ns.<\/div>\n<div align=\"justify\">\u00a0<\/div>\n<div align=\"justify\">O convenio est\u00e1 referido \u00e1 cooperaci\u00f3n entre ambas partes firmantes en materia de tecnolox\u00edas que estean, dalg\u00fan modo, relacionadas co Software Libre&#8230;<\/div>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-34958","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34958","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=34958"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/34958\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=34958"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=34958"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=34958"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}