{"id":35934,"date":"2007-05-16T10:44:47","date_gmt":"2007-05-16T08:44:47","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/cartomod-a-primeira-ferramenta-andaluza-de-edicion-cartografica-por-webbaseada-en-software-libr\/"},"modified":"2007-05-16T10:44:47","modified_gmt":"2007-05-16T08:44:47","slug":"cartomod-a-primeira-ferramenta-andaluza-de-edicion-cartografica-por-webbaseada-en-software-libr","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/cartomod-a-primeira-ferramenta-andaluza-de-edicion-cartografica-por-webbaseada-en-software-libr\/","title":{"rendered":"CARTOMOD, a primeira ferramenta andaluza de edici\u00f3n cartogr\u00e1fica por webbaseada en software libr"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\">A Axencia Andaluza da Enerx\u00eda, en colaboraci\u00f3n coa Direcci\u00f3n Xeral de Innovaci\u00f3n e Administraci\u00f3ns P\u00fablicas, dependente da Conseller\u00eda de Innovaci\u00f3n, Ciencia e Empresa, desenvolveu unha soluci\u00f3n baseada en est\u00e1ndares abertos e en software libre que permite a edici\u00f3n cartogr\u00e1fica de li\u00f1as e de pol\u00edgonos a trav\u00e9s do web, empregando a referida ferramenta baseada no est\u00e1ndar WFS\/T. As\u00ed, a axencia facil\u00edtalles aos usuarios a forma de realizar, actualizar e manter a cartograf\u00eda base que se emprega no Inventario de Instalaci\u00f3ns Enerx\u00e9ticas Municipais (INVIEM),  <\/p>\n<p><\/p>\n<p align=\"justify\">A Axencia Andaluza da Enerx\u00eda conta coa aplicaci\u00f3n INVIEM que posibilita o levantamento de puntos de luz, sem\u00e1foros, centros de mando e\/ou m\u00f3dulos de medidas, entre outros. O INVIEM disp\u00f3n de informaci\u00f3n xeogr\u00e1fica sobre todas as instalaci\u00f3ns enerx\u00e9ticas do \u00e1mbito municipal. Esta informaci\u00f3n compl\u00e9tase coa xesti\u00f3n da facturaci\u00f3n el\u00e9ctrica que se realiza desde o programa GEFAEM e onde se salientan valores de consumos e de custos enerx\u00e9ticos. A nova ferramenta de edici\u00f3n cartogr\u00e1fica supuxo unha mellora considerable, contrastada con outras tecnolox\u00edas que se empregan na axencia, tanto no rendemento como nos custos de licenzas.<\/p>\n<p align=\"justify\">Outra das s\u00faas melloras \u00e9 que para traballar con este visor tan so \u00e9 necesario un navegador que pode empregar calquera persoa sen ning\u00fan tipo de requisito, que recolle a posibilidade de edici\u00f3n das gu\u00edas de r\u00faas dos distintos municipios que forman parte do sistema de informaci\u00f3n INVIEM. Os resultados obtidos co novo sistema formulan a migraci\u00f3n do resto de ferramentas, actualmente con software privativo \u00e1 nova arquitectura totalmente en software libre, xa que ofrece unhas prestaci\u00f3ns moi superiores con respecto \u00e1 ferramenta baseada en software privativo. <\/p>\n<p>Fonte: <a href=\"http:\/\/www.andaluciajunta.es\" target=\"_blank\" title=\"http:\/\/www.andaluciajunta.es\" rel=\"noopener\">http:\/\/www.andaluciajunta.es<\/a>       <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p align=\"justify\">A Axencia Andaluza da Enerx\u00eda, en colaboraci\u00f3n coa Direcci\u00f3n Xeral de Innovaci\u00f3n e Administraci\u00f3ns P\u00fablicas, dependente da Conseller\u00eda de Innovaci\u00f3n, Ciencia e Empresa, desenvolveu unha soluci\u00f3n baseada en est\u00e1ndares abertos e en software libre que permite a edici\u00f3n cartogr\u00e1fica de li\u00f1as e de pol\u00edgonos a trav\u00e9s do web, empregando a referida ferramenta baseada no est\u00e1ndar WFS\/T. As\u00ed, a axencia facil\u00edtalles aos usuarios a forma de realizar, actualizar e manter a cartograf\u00eda base que se emprega no Inventario de Instalaci\u00f3ns Enerx\u00e9ticas Municipais (INVIEM),  <\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-35934","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35934","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=35934"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35934\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=35934"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=35934"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=35934"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}