{"id":35949,"date":"2007-05-21T12:33:43","date_gmt":"2007-05-21T10:33:43","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/moglenmicrosoft-non-ten-nada-que-facer-contra-linux\/"},"modified":"2007-05-21T12:33:43","modified_gmt":"2007-05-21T10:33:43","slug":"moglenmicrosoft-non-ten-nada-que-facer-contra-linux","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/moglenmicrosoft-non-ten-nada-que-facer-contra-linux\/","title":{"rendered":"Moglen:&#34;Microsoft non ten nada que facer contra Linux&#34;"},"content":{"rendered":"<p>O m\u00e1ximo responsable da revisi\u00f3n da licenza p\u00fablica xeral GPL, Eben Moglen, afirmou que os intentos de Microsoft por ga\u00f1ar casos de patentes contra aqueles que usan o c\u00f3dico aberto non chegar\u00e1n a ningures e todo isto grazas ao acordo entre Novell e a propia Microsoft.<\/p>\n<p>Desde Microsoft afirman que Linux infrinxe m\u00e1is de 240 patentes e tentar\u00e1n basearse niso para convencer os usuarios de que lles paguen por esas licenzas. Hai xa uns meses, Novell pagou un di\u00f1eiral para liberar os seus usuarios de SUSE Linux de seren atacados legalmente por motivo destes temas.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed \u00e9 onde reside o problema: os privilexios para non seren demandados non te\u00f1en data de caducidade, de modo que poden empregarse para indemnizar os seus posuidores tanto no d\u00eda de hoxe como no vindeiro ano. Mais a versi\u00f3n 3 da licenza p\u00fablica xeral, que se completar\u00e1 antes de rematar o presente ano, incl\u00fae unha cl\u00e1usula que fai que esta \u00abexoneraci\u00f3n\u00bb de pagar indemnizaci\u00f3ns por licenzas sexa extensible dunha persoa a todas as demais.<\/p>\n<p>A versi\u00f3n 3 da licenza p\u00fablica xeral di o seguinte: \u00abSe, segundo o acordado ou en conexi\u00f3n cunha transacci\u00f3n ou acordo, transmite ou propaga unha obra, e con iso incl\u00fae unha licenza de patentes que permite a liberdade do seu uso, propagaci\u00f3n, modificaci\u00f3n e transmisi\u00f3n dunha copia espec\u00edfica dese traballo a calquera das partes que reciban esa obra, ent\u00f3n a licenza de patente que incl\u00fae \u00e9 extensible de forma autom\u00e1tica a todos os receptores da obra cuberta e das obras que dela se derivaren\u00bb.<\/p>\n<p>SUSE migrar\u00e1 a a versi\u00f3n 3 da licenza p\u00fablica xeral antes de que remate o ano, o cal significa que, ao ter este tipo de licenzas por parte de Microsoft, calquera que use calquera versi\u00f3n de Linux e que empregue a GPL estar\u00e1 exento de ameazas legais.<\/p>\n<p>Moglen dixo que a cl\u00e1usula se inclu\u00edu na GPL intencionadamente ante este tipo de situaci\u00f3ns. \u00abO noso obxectivo, noutras palabras, era o de engadir unha capa m\u00e1is de defensa ante as agresi\u00f3ns de patentes de Microsoft\u00bb, comentou nun seminario.<\/p>\n<p>Fonte:<\/p>\n<p>http:\/\/es.theinquirer.net\/2007\/05\/21\/moglen_microsoft_no_tiene_nada.html<\/p>\n<p>http:\/\/uk.theinquirer.net\/?article=39737<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O m\u00e1ximo responsable da revisi\u00f3n da licenza p\u00fablica xeral GPL, Eben Moglen, afirmou que os intentos de Microsoft por ga\u00f1ar casos de patentes contra aqueles que usan o c\u00f3dico aberto non chegar\u00e1n a ningures e todo isto grazas ao acordo entre Novell e a propia Microsoft.<\/p>\n<p>Desde Microsoft afirman que Linux infrinxe m\u00e1is de 240 patentes e tentar\u00e1n basearse niso para convencer os usuarios de que lles paguen por esas licenzas. Hai xa uns meses, Novell pagou un di\u00f1eiral para liberar os seus usuarios de SUSE Linux de seren atacados legalmente por motivo destes temas.<\/p>\n<p>Aqu\u00ed \u00e9 onde reside o problema: os privilexios para non seren demandados non te\u00f1en data de caducidade, de modo que poden empregarse para indemnizar os seus posuidores tanto no d\u00eda de hoxe como no vindeiro ano. Mais a versi\u00f3n 3 da licenza p\u00fablica xeral, que se completar\u00e1 antes de rematar o presente ano, incl\u00fae unha cl\u00e1usula que fai que esta \u00abexoneraci\u00f3n\u00bb de pagar indemnizaci\u00f3ns por licenzas sexa extensible dunha persoa a todas as demais.<\/p>\n<p>A versi\u00f3n 3 da licenza p\u00fablica xeral di o seguinte: \u00abSe, segundo o acordado ou en conexi\u00f3n cunha transacci\u00f3n ou acordo, transmite ou propaga unha obra, e con iso incl\u00fae unha licenza de patentes que permite a liberdade do seu uso, propagaci\u00f3n, modificaci\u00f3n e transmisi\u00f3n dunha copia espec\u00edfica dese traballo a calquera das partes que reciban esa obra, ent\u00f3n a licenza de patente que incl\u00fae \u00e9 extensible de forma autom\u00e1tica a todos os receptores da obra cuberta e das obras que dela se derivaren\u00bb.<\/p>\n<p>SUSE migrar\u00e1 a a versi\u00f3n 3 da licenza p\u00fablica xeral antes de que remate o ano, o cal significa que, ao ter este tipo de licenzas por parte de Microsoft, calquera que use calquera versi\u00f3n de Linux e que empregue a GPL estar\u00e1 exento de ameazas legais.<\/p>\n<p>Moglen dixo que a cl\u00e1usula se inclu\u00edu na GPL intencionadamente ante este tipo de situaci\u00f3ns. \u00abO noso obxectivo, noutras palabras, era o de engadir unha capa m\u00e1is de defensa ante as agresi\u00f3ns de patentes de Microsoft\u00bb, comentou nun seminario.<\/p>\n<p>Fonte:<\/p>\n<p>http:\/\/es.theinquirer.net\/2007\/05\/21\/moglen_microsoft_no_tiene_nada.html<\/p>\n<p>http:\/\/uk.theinquirer.net\/?article=39737<\/p>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-35949","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35949","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=35949"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/35949\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=35949"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=35949"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=35949"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}