{"id":36354,"date":"2007-07-19T11:51:00","date_gmt":"2007-07-19T09:51:00","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/melinux-aforraralle-a-cidade-autonoma-de-melilla-uns-36-000-euros-enlicenzas\/"},"modified":"2007-07-19T11:51:00","modified_gmt":"2007-07-19T09:51:00","slug":"melinux-aforraralle-a-cidade-autonoma-de-melilla-uns-36-000-euros-enlicenzas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/melinux-aforraralle-a-cidade-autonoma-de-melilla-uns-36-000-euros-enlicenzas\/","title":{"rendered":"Melinux aforraralle \u00e1 cidade aut\u00f3noma de Melilla uns 36 000 euros enlicenzas"},"content":{"rendered":"<p align=\"justify\">O vicepresidente primeiro da cidade aut\u00f3noma de Melilla, Miguel Mar\u00edn,  presentou, nunha rolda de prensa, a terceira versi\u00f3n de Melinux, a  distribuci\u00f3n de software libre promovida por esta cidade, e os avances  que se conseguiron logo de dous anos de funcionamento.<\/p>\n<p align=\"justify\">Nesta rolda de prensa destacou as vantaxes deste produto, totalmente gratu\u00edto, de libre distribuci\u00f3n e de fontes abertas, e salientou as melloras significativas da \u00faltima versi\u00f3n canto \u00e1 facilidade de instalaci\u00f3n e \u00e1 compatibilidade cun maior n\u00famero de dispositivos. <\/p>\n<div align=\"justify\">  <\/div>\n<p><\/p>\n<p align=\"justify\">Tam\u00e9n destacou a gratuidade do produto e a posibilidade da s\u00faa copia sen restrici\u00f3ns, ao mesmo tempo que o aforro que para a propia cidade est\u00e1 a supor a s\u00faa implantaci\u00f3n nos ordenadores persoais que, actualmente, xa \u00e9 da orde dos 60 equipos, mais a intenci\u00f3n \u00e9 instalalo nos 500 que posue a administraci\u00f3n. Este feito supuxo un aforro en licenzas duns 36 000 euros, algo que para o usuario final pode ser bastante atractivo, m\u00e1is a\u00ednda se se considera que existe un servizo de soporte t\u00e9cnico e asesoramento gratu\u00edto que a propia cidade aut\u00f3noma presta, nunha primeira fase, at\u00e9 o ano 2010, cunha pos\u00edbel ampliaci\u00f3n, nunha segunda fase, de dous anos m\u00e1is. Esta cont\u00eda econ\u00f3mica reverter\u00e1 directamente na cidadan\u00eda, segundo expresou Mar\u00edn, \u00abxa que con ese di\u00f1eiro vanse realizar outras actuaci\u00f3ns\u00bb.<\/p>\n<div align=\"justify\">  <\/div>\n<p align=\"justify\">Por \u00faltimo, Miguel Mar\u00edn destacou que o material dos cursos de formaci\u00f3n gratu\u00edtos que imparte a cidade coa finalidade de dar a co\u00f1ecer entre os melillenses as vantaxes deste produto, xa foi actualizado \u00e1s novas funcionalidades que se incorporaron ao produto nos \u00faltimos meses. Ao  mesmo tempo, levouse a cabo unha campa\u00f1a espec\u00edfica adaptada aos meses  de ver\u00e1n, en que destaca a formaci\u00f3n no manexo de Melinux para os m\u00e1is  pequenos.<\/p>\n<div align=\"justify\">  <\/div>\n<p align=\"justify\">Melinux p\u00f3dese descargar na p\u00e1xina web da cidade aut\u00f3noma, ou na da propia distribuci\u00f3n.<\/p>\n<div align=\"justify\">  <\/div>\n<p align=\"justify\">Fonte: <a href=\"http:\/\/www.gacetatecnologica.com\/node\/456\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">Gaceta Tecnol\u00f3gica<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p align=\"justify\">O vicepresidente primeiro da cidade aut\u00f3noma de Melilla, Miguel Mar\u00edn,  presentou, nunha rolda de prensa, a terceira versi\u00f3n de Melinux, a  distribuci\u00f3n de software libre promovida por esta cidade, e os avances  que se conseguiron logo de dous anos de funcionamento.<\/p>\n<p align=\"justify\">Nesta rolda de prensa destacou as vantaxes deste produto, totalmente gratu\u00edto, de libre distribuci\u00f3n e de fontes abertas, e salientou as melloras significativas da \u00faltima versi\u00f3n canto \u00e1 facilidade de instalaci\u00f3n e \u00e1 compatibilidade cun maior n\u00famero de dispositivos. <\/p>\n<div align=\"justify\">  <\/div>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-36354","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36354","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=36354"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/36354\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=36354"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=36354"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=36354"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}