{"id":37127,"date":"2008-04-18T08:57:06","date_gmt":"2008-04-18T06:57:06","guid":{"rendered":"https:\/\/mancomun.gal\/crean-unha-impresora-3d-con-software-libre-capaz-de-autoreplicarse\/"},"modified":"2008-04-18T08:57:06","modified_gmt":"2008-04-18T06:57:06","slug":"crean-unha-impresora-3d-con-software-libre-capaz-de-autoreplicarse","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/crean-unha-impresora-3d-con-software-libre-capaz-de-autoreplicarse\/","title":{"rendered":"Crean unha impresora 3D con Software Libre capaz de autoreplicarse"},"content":{"rendered":"<div align=\"justify\">Un equipo multinacional de inform\u00e1ticos e enxe\u00f1eiros desenvolveron, baixo o paraugas do proxecto RepRap, unha impresora en 3D que foi capaz de autoreplicar parte dos seus compo\u00f1entes. Esta \u00e9 a gran novidade deste prototipo, chamado Darwin, e que o fai diferente doutras impresoras en 3D que xa se comercializan. Un dos maiores intereses do proxecto RepRap \u00e9 que esta tecnolox\u00eda sexa totalmente accesible, por iso os seus creadores apostaron polo open-source para que, en teor\u00eda, calquera poida constru\u00edr as s\u00faas propia impresora. Ao ser de c\u00f3digo aberto, os desenvolvedores de software poder\u00e1n mellorala constantemente. <\/div>\n<p><\/p>\n<p>\u00a0<\/p>\n<p align=\"justify\">O proxecto RepRap (Replicating Rapid-prototyper) desenvolveu un prototipo de impresora en tres dimensi\u00f3ns capaz de replicarse a si mesma. Outra das particularidades desta impresora \u00e9 que \u00e9 de c\u00f3digo aberto, \u00e9 dicir, que est\u00e1 ao alcance doutros desenvolvedores de software para mellorala.<\/p>\n<p>Unha impresora en 3D funciona constru\u00edndo ou \u00abimprimindo\u00bb compo\u00f1entes sobre capas de pl\u00e1stico, principalmente poli\u00e1cido l\u00e1ctico, que \u00e9 un pol\u00edmero biodegradable feito a partir de acedo l\u00e1ctico. A tecnolox\u00eda xa existe, pero os modelos comerciais actuais son moi caros.<\/p>\n<p>O equipo do proxecto RepRap, formado por inform\u00e1ticos de Nova Zelandia, Reino Unido e Estados Unidos, tomou como punto de partida a tecnolox\u00eda xa existente, pero con alg\u00fan cambio importante, xa que a s\u00faa proposta \u00e9 que a impresora sexa capaz de \u00abautoreplicarse\u00bb, \u00e9 dicir de imprimirse a ela mesma do mesmo xeito que fai con calquera outro obxecto. Deste xeito, o seu custo de produci\u00f3n red\u00facese moito e conv\u00e9rtese nunha tecnolox\u00eda totalmente accesible.<\/p>\n<p>O proxecto partiu do enxe\u00f1eiro da universidade brit\u00e1nica de Bath Andrian Bowyer, que \u00e9 o seu inventor e a persoa que dirixe o equipo multinacional de investigaci\u00f3n. O seu principal obxectivo ao empezar este proxecto era que as impresoras 3D estivesen ao alcance do maior n\u00famero de persoas.<\/p>\n<p>Os prototipos actuais roldan os 30.000 d\u00f3lares (como o de Z Corporation) e cada cent\u00edmetro c\u00fabico impreso por un destes prototipos v\u00e9n custar 2 d\u00f3lares. A intenci\u00f3n do proxecto RepRap \u00e9 producir a m\u00e1quina gratuitamente. Deste xeito, o custo de fabricaci\u00f3n dun cent\u00edmetro c\u00fabico ser\u00eda case testemu\u00f1al: de 0,02 d\u00f3lares.<\/p>\n<p>\u00abQu\u00e9rese facer a impresora accesible a calquera, inclusive a pequenas comunidades xa sexan do mundo en v\u00eda de desenvolvemento como do mundo desenvolvido\u00bb, comenta o desenvolvedor de software Vik Olliver, que forma parte do equipo, en declaraci\u00f3ns recollidas por Computerworld.<\/p>\n<p>Ata agora hai sete copias da m\u00e1quina RepRap no mundo e, polo momento, s\u00f3 usa dous tipos de pl\u00e1stico, o xa citado poli\u00e1cido l\u00e1ctico, que \u00e9 relativamente r\u00edxido, e outro m\u00e1is flexible para facer, por exemplo, a funda dun iPod.<\/p>\n<p align=\"justify\">Fonte: <a href=\"http:\/\/www.laflecha.net\/canales\/softlibre\/noticias\/crean-una-impresora-3d-con-software-libre-capaz-de-autoreplicarse\" target=\"_blank\" title=\"http:\/\/www.laflecha.net\/canales\/softlibre\/noticias\/crean-una-impresora-3d-con-software-libre-capaz-de-autoreplicarse\/\" rel=\"noopener\">Laflecha.net<\/a> <\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<div align=\"justify\">Un equipo multinacional de inform\u00e1ticos e enxe\u00f1eiros desenvolveron, baixo o paraugas do proxecto RepRap, unha impresora en 3D que foi capaz de autoreplicar parte dos seus compo\u00f1entes. Esta \u00e9 a gran novidade deste prototipo, chamado Darwin, e que o fai diferente doutras impresoras en 3D que xa se comercializan. Un dos maiores intereses do proxecto RepRap \u00e9 que esta tecnolox\u00eda sexa totalmente accesible, por iso os seus creadores apostaron polo open-source para que, en teor\u00eda, calquera poida constru\u00edr as s\u00faas propia impresora. Ao ser de c\u00f3digo aberto, os desenvolvedores de software poder\u00e1n mellorala constantemente. <\/div>\n","protected":false},"author":5,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[],"tags":[],"class_list":["post-37127","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37127","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/5"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=37127"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/37127\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=37127"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=37127"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/mancomun.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=37127"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}