Mancomún

Xa está dispoñible o OpenOffice.org 2.0.3 en galego para GNU/Linux

http://www.mancomun.org/images/468-x-60.png
«Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre» presenta a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para GNU/Linux. Este software inclúe, entre outras cousas, un potente procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc. Ademais, implementa o estándar ofimático [[OpenDocument]] aprobado recentemente pola ISO.

A tradución ao galego, que xa inclúe o dicionario, foi feita utilizando o corpus lingüístico xerado por Imaxin durante a localización da versión 2.0, presentada o pasado 17 de maio coincidindo co día das letras galegas e co día de Internet. 
 
Tamén está dispoñible un pack de idioma galego que se pode aplicar á versión 2.0.3 en inglés. Ademais, en caso de ter a versión 2.0 instalada non fai falla borrala, xa que a nova instalación substitúe a anterior. En breve estará dispoñible a versión para MS-Windows.
 
A versión 2.0.3 inclúe:
– Interface e axuda en galego.
– Corrector ortográfico versión alfa en galego.
– Melloras de rendemento.
– Corrección de erros.
– Melloras na compatibilidade co Microsoft Office.
 

É moi recomendable instalar a nova versión 2.0.3 que se pode descargar dende a sección «OpenOffice.org en galego» do noso portal.

Os ficheiros PO desta última versión poden descargarse dende aquí: pos_2.0.3.tar.gz

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal