Mancomún

Xa se pode pedir a próxima Ubuntu 7.10

A próxima Ubuntu 7.10 ten prevista a súa saída para o día 18 de outubro. Xa hai un par de semanas anunciamos que estaba dispoñible para descargar a versión Beta e solicitaban que se enviasen os erros detectados de cara a solucionalos antes da saída da versión definitiva.

Agora Canonical xa habilitou a posibilidade de pedir os CD da próxima versión de Ubuntu 7.10 e de Kubuntu 7.10 . Recibiranse gratis no enderezo que se indique, aínda que o tempo de espera pode ser de 10 semanas dende a data de saída da versión definitiva.

O número máximo de CD que permiten pedir nese prazo de entrega é de 10. Se se quere facer unha petición maior hai que explicar os motivos e segundo as posibilidades atenderán as peticións. Neste caso os tempos de resposta serán máis longos. 

É preciso dispor dunha conta en Launchpad para facer as solicitudes.

Fonte: Ubuntu  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal