Hai poucos días publicamos neste portal varias novas sobre webs adicadas á publicación de contidos web, imaxes e deseños web, pero cun matiz libre, baixo licenzas Creative Commons, Copyleft ou GNU/FDL.
Howard Pitler, fala do problema engadido ao traballar con contido baixado da web, denominándoo «remixing» (remezclar). El está a estudar estes interrogantes no entorno docente, dado que é un ámbito no que se utiliza a rede para obter información e para facer documentación (exames, apuntes, charlas, cursos, etc.)
