Un estudante da Escola de informática de Ourense chamado Toni Martínez, anuncia o lanzamento dunha aplicación Software Libre para xestionar e organizar documentos. Esta xestión de documentación ofrece funcionalidades como categorías de documentos, tipos de documentos, autores, usuarios e grupos de usuarios.
A aplicación utiliza como fonte de procura, os ficheiros definidos no estándar
Open Document (ODF) aínda que o autor comenta que ten prevista a adaptación doutros tipos de documentos baixo estándares abertos.
O autor comenta na páxina do proxecto: «O xestor está baseado en XML, utilizando unha base de datos XML. Cada documento que compón o xestor é almacenado xunto co seu respectivo ficheiro XML que contén todo o contido informativo…»
Fonte: gestorxml.net