O esquema non ten por que estar relacionado co mundo empresarial. Pode ser un diagrama no que se distribua o tempo necesario para preparar un exame, para construír unha casa ou para realizar unha tarefa determinada. Permite distribuír as actividades por persoas ou recursos, así que tamén pode utilizarse para xestionar proxectos nos que haxa máis dunha persoa, comprobar o desenvolvemento das tarefas ou gardar unha copia do estado de execución.
Algunhas das súas características:
- Importar e exportar arquivos de MS Project
- Soporta engadir e quitar columnas personalizadas.
- Exportar os proxectos a páxinas HTML (web), GanttProject usa conversión XSL.
- Permite traballar con proxectos almacenados en servidores web. Se o servidor soporta WebDAV, pode gardar/publicar o proxecto nel.
- Inclúe funcións personalizables.
- É posible organizar tarefas de forma xerárquica.
- Publicar un informe en formato PDF.
Decarga: Sourceforge.net
