Publicouse a versión de desenvolvemento 1.91 Beta de LinCity-NG, na cal podemos ver os novos elementos de xogo que terá a próxima versión estable. A lista de cambios é a seguinte:
- Administración da auga.
- Engadido un simple sistema ecolóxico.
- Novos escenarios difíciles: extremadamente árido e extremadamente húmido.
- Engadiuse unha nova construción (pozo de auga), e toda a produción biolóxica depende da auga que se atope dispoñible.
- Realizáronse outras pequenas melloras e corrixíronse varios erros.
Fonte: Linuxjuegos.com
