Na web da «Rede de dinamización » vemos a seguinte nova sobre a xornada de achegamento ao Software Libre levada a cabo onte en Mos:
«O pasado martes 16 de outubro, a Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, organizou unha Xornada de Software Libre para os seus empresarios e autónomos.
A xornada foi impartida por Roberto Brenlla que é economista e xerente de TEGNIX, unha consultora tecnolóxica e informática especializada en Software Libre.
Na xornada Roberto falou sobre as posibilidades de empregar hoxe en día o S.L. e sobre as liberdades de empregalo. Os asistentes estaban interesados nas posibilidades reais de migración dos seus equipos nos centros de traballo, polo que Brenlla explicou algunhas claves para o éxito da migración…»
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
