Mancomún

Xornada de AGNIX: "Século XXI: a lingua galega na internet"

Xornada de AGNIX: "Século XXI: a lingua galega na internet"
AgnixO día 17 de maio, co gallo da celebración das Letras Galegas e o Día Internacional de Internet, AGNIX desenvolverá un relatorio sobre a lingua galega e internet. O relatorio «Século XXI: a lingua galega na internet» está organizado polo servizo de normalización lingüística do Concello e colabora, ademais de AGNIX, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Mancomun.org e a rede de dinamización da DXPISI.
 

O evento desenvolverase no salón de plenos do Concello ás 19:30 horas e a continuación terá lugar un acto poético musical. No relatorio participarán Miguel Visconti (Dinamizador da Sociedade da Información no Concello do Porriño), e Manuel Hermo por parte de AGNIX. Ao rematar o relatorio haberá unha mesa debate.

O obxectivo do relatorio é salientar a importancia da aparición de contidos en galego na Rede como medio para espallar a lingua e cultura galega amosando os traballos que tanto dende a administración como dende as asociacións se realizan neste eido, e como o Software Libre é unha ferramenta indispensable para este cometido.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal