Os días 27 e 28 deste mes de setembro realizaranse as «Xornadas de Software Libre na USC», concretamente na Escola Técnica Superior de Enxeñería.
Aulusc en colaboración con GLUG organizan estas xornadas orientadas fundamentalmente cara redes. …
As xornadas teñen unha duración de dous días e comprenden conferencias e exemplos prácticos cos que se tratarán temas como a instalación do entorno LAMP, a configuración de firewalls e pasarelas, instalación qemu e configuración de vlans, etc.
