A Aula TIC-PEME da Universidade de Santiago de Compotela organiza as Primeiras Xornadas de aplicacións Web de Software Libre para a PEME. Este venres 25 de maio impartirase o primeiro relatorio. A inscripción é gratuita e se pode facer a través da dirección web http://www.usc.es/atpemes. As Xornadas están orientadas a:
Coñecer Os Mellores Exemplos de Aplicacións Web de Software Libre de «Alto Impacto Actual»
Plataformas de éxito: Xestores de Contidos para a construcción de portais web externos, internos e mixtos, (Mambo, Drupal, Typo3); Sistemas de Publicación Web para a creación de periódicos internos, externos, e-catálogos de productos, e-revistas, Bibliotecas de empresa, Boletíns de Asociaciones, … (SPIP, WordPress, e outros); Plataformas de e-formación (Moodle, Claroline); e así sucesivamente en cada unha das sesións programadas.
Analizar exemplos reais de interese, coñecer as plataformas por dentro, comprobar as súas capacidades e curvas de aprendizaxe, comprobar a súa usabilidade, estimar a dificultade-facilidade de instalación e posta en marcha, estimar áreas de uso experimental, etc.
Coñecer plataformas de Software Libre que están a ser usadas en empresas multinacionais, ONGs internacionais e locais, universidades de renome, ministerios gubernamentais e organismos internacionais, e que en moitísima menor medida estanse tamén a utilizar, a nivel global, nas pemes e nas súas asociacións.
Manter uns foros temáticos de debate sobre estas ferramentas, abertos ao longo da duración das xornadas, e accesibles despois da súa finalización.
Máis información: http://www.usc.es/atpemes/article.php3?id_article=44
