Mancomún

ZybaCafe, unha completa suite multiplataforma para a xestión de cibercafés

ZybaCafe, unha completa suite multiplataforma para a xestión de cibercafés
http://www.mancomun.org/images/stories/zybacafe.png ZybaCafe (antes coñecido coma DireqCafe) é unha suite baseada en Software Libre para xestión de cibercafés.
 
ZybaCafe inclúe unha completa suite administrativa para o servidor, así como os clientes para xestionar o control do tempo sobre os clientes. Tamén inclúe unha potente arquitectura baseada en «plugins» que permite estender facilmente as funcionalidades da aplicación, así como a integración con outros tipo de aplicacións (CRM, contabilidade, etc.)…

A versión estándar usa como xestor de base de datos [[PostgreSQL]], pero segundo os propios desenvolvedores da aplicación, «portala a outros xestores non debería ser difícil».

A última versión é a 4.0.3 na que se melloraron moitos aspectos na interface de administración e do cliente, no soporte de impresión e tamén se amañaron algúns erros detectados na versión anterior.

 

Máis información:

A páxina web do autor da aplicación ZybaCafe 

Páxina da aplicación en GnomeFiles  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal