Número 103 – Boletín de Software Libre na Administración – Febreiro 2023

Mércores, 15 Febreiro 2023

Novas

  • Stickers inspirados no “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia” [Ler máis…]
  • Mancomún Podcast: Global Game Jam, creación colectiva de videoxogos en Pontevedra [Ler máis…]
  • Pílula sobre aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Nextcloud Files, recupera o control dos teus datos [Ler máis…]
  • Échirolles, cidade francesa coa certificación “Territoires numériques libres” [Ler máis…]

Caso de éxito

LOGO OPEN CODE

Open Code é un lugar para o desenvolvemento colaborativo e para compartir solucións de software por e para a administración pública. O proxecto foi iniciado polo Ministerio Federal de Interior Alemá e os estados federados de Baden-Württemberg e Rhine-Westphalia. Busca mellorar a transparencia e a reutilización sinxela de solucións de software libre para o sector público. Todo o mundo pode contribuír ao desenvolvemento do software. Isto inclúe a persoal da administración pública, empresas e particulares.

Proxecto destacado

LOGO GITLAB

GitLab é unha solución web de software libre de forxa, control de versións e integración continua que axuda ao desenvolvemento de software colaborativo baseada en Git e que ademais tamén ten algunhas funcionalidades de xestión de proxectos integrada. Dende 2014 Gitlab adoptou o modelo de negocio coñecido como “open core” e ten 2 versións distintas, Enterprise Edition e Community Edition, a Enterprise Edition é de pago e ten algunhas funcionalidades máis que a Community Edition. Con GitLab disporemos de control de versións con Git, seguimento de incidencias, revisión de código, integración continua (CI/CD), entre outras.

Formación e eventos

  • Curso de Python na fundación FEUGA [Ler máis…]
  • A tecnoloxía é cousa de todas. Fomentando a participación das mulleres no eido STEAM [Ler máis…]
  • Webinar “A Legal Guide To Open Works” [Ler máis…]
  • I Love Free Software Day [Ler máis…]

logo twitter

Segue a…

Twitter da Oficina de Software Libre da Universidad de Granada, OSL – UGR (@OSLUGR).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal