Novas
- Sentilo, plataforma de sensores de software libre deseñada para a Smart City [Ler máis…]
- Mancomún Podcast: Falamos coa xente de BIMrras [Ler máis…]
- Stadtnavi impulsa un aire máis limpo con software libre [Ler máis…]
- Mancomún Podcast: Conversas libres Ler máis…]
- Caixa de correo ético e de Bo Goberno, participación anónima dos cidadáns Ler máis…]
Caso de éxito

DigiD, método de acceso do Goberno neerlandés compartido baixo a licenza EUPL O Goberno holandés utiliza varios métodos de inicio de sesión: verificación por SMS, nome de usuario e contrasinal, lector de tarxetas de identidade e unha aplicación específica (DigiD app), que se presenta como a forma máis sinxela de iniciar sesión de forma segura. Isto débese a que os usuarios xa non teñen que lembrar un contrasinal complicado, senón só un código PIN do dispositivo que elixan.
A aplicación pódese utilizar ata en 5 dispositivos diferentes. O código fonte de DigiD liberouse en GitHub baixo a licenza EUPL, en resposta a unha solicitude en virtude da Lei holandesa de Goberno Aberto. A Lei está en vigor desde o 01-08-2022 e establece que calquera persoa ten dereito a acceder á información creada/posuída polo sector público, sen necesidade de xustificar algún interese lexítimo, agás se son fixadas restricións específicas na Lei.
Proxecto destacado

European Union Public License (EUPL) A colección EUPL céntrase nas licenzas abertas en xeral. Inclúe a Licenza Pública da Unión Europea e moito máis: un asistente de licenzas (JLA) e orientacións para que todos os desenvolvedores, profesionais ou usuarios de TI definan as condicións nas que unha determinada solución pode compartirse e reutilizarse libremente.
As normas claras en materia de licenzas son a base para compartir e reutilizar solucións informáticas, apoiando a interoperabilidade legal. A Comisión Europea publicou a Licenza Pública da Unión Europea (EUPL), que é “a primeira licenza de software libre con valor operativo en todas as linguas oficiais da UE”. Con todo, outras licenzas tamén poden facilitar a compatibilidade ou interoperabilidade das solucións que fan uso delas.
Formación e eventos
- Obradoiro de iniciación a KiCad na Industriosa [Ler máis…]
- Talleres de Iniciación a KiCAD no museo Domus A Coruña [Ler máis…]

Segue a…
Twitter da Oficina Técnica de Software Libre do Goberno Vasco @saleuskadin