Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

Este curso oficial constitúe o itinerario de formación e certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcto preparación do seu nivel profesional avanzado de certificación LPIC-3 Virtualization and Containerization.

Dirixido a mellorar a competencia técnica na implantación e xestión de infraestruturas de virtualización para empresas. Abarca áreas como conceptos e tipos de virtualización, plataformas de virtualización, xestión de recursos e xestión de dispositivos. O alumnado adquirirá habilidades para xestionar diferentes hipervisores e contedores utilizando diversas ferramentas e aplicacións.

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia organiza un curso de Drupal 10 Site Building, en modalidade de teleformación. Unha acción formativa cuxo propósito é a capacitación profesional das persoas participantes para o deseño, desenvolvemento, implantación e xestión de portais web, utilizando Drupal.

Drupal é un sistema de xestión de contidos (CMS, Content Management System) que se distribúe como software libre, polo que pode ser modificado e distribuído libremente.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal