
Mancomún Podcast: Nextcloud, con Pietro Marini
En outubro tivo lugar unha charla no GaiásTech, para expoñer aos asistentes a oferta de valor de Nextcloud Enterprise Hub, a versión da plataforma libre desenvolvida para as empresas. Nextcloud é unha aplicación sinxela para o usuario final, que se pode instalar nun servidor propio ou na nube. Para coñecela máis en profundidade, hoxe charlamos […]

Mancomún Podcast: WordPress e fala.gal con Anxo Sánchez
Hoxe volvemos contar nos micros de Mancomún Podcast con Anxo Sánchez. Anxo xa estivera por aquí falándonos de WordPress e o desenvolvemento web. Defínese así mesmo como artesán da web, acompañando, asesorando e ensinando. E ultimamente, tecendo rede en galego en fala.gal, rede de sitios web gratuítos en galego.

Mancomún Podcast: Entrevista a Ana Jiménez, OSPO Program Manager en Linux Foundation
Hoxe contamos coa grata compañía de Ana Jiménez, OSPO Program Manager en TODO Group. Con ela falaremos das oficinas de software libre, da Linux Foundation e doutros temas relacionados co código aberto e o software libre. Entrevista a Ana Jiménez, OSPO Program Manager en Linux Foundation

“Faladoiros Mancomún” 2022, con María Arias de Reyna
Volvemos con los «Faladoiros de Mancomún». Charlas en formato videopodcast donde tanto las conductoras de estas charlas, como las participantes, son mujeres relevantes en el mundo tecnológico, y especialmente, mujeres en contacto con temas relacionados con el software libre y la cultura libre. Un espacio donde visibilizar mujeres en el sector tecnológico y donde puedan […]

Mancomún Podcast: Aplicacións libres no teu peto con Galego Geek
Os smartphones convertíronse fai tempo en computadoras que levamos no noso peto. Son de fetio, as computadoras que empregamos máis asiduamente na nosa vida cotiá. E para estas pequenas computadoras, contamos cunha gran variedade de software libre dispoñible, tanto se falamos de sistemas operativos como de aplicacións para eles. Hoxe falamos sobre estes temas con […]

Mancomún Podcast: Terceiro especial sobre Hardware libre
Terceiro programa especial sobre Hardware libre en Mancomún Podcast. Esperamos que vos gusten estes programas especiais. Email de contacto tpousada@udc.es

Mancomún Podcast: Odoo nas empresas, con Iván Prieto
Odoo é un software de xestión empresarial, modular e de software libre, que nace co obxectivo de cubrir necesidades complexas dunha empresa. Destaca por ser intuitivo, poñendo ao alcance do usuario todas as funcións necesarias para a súa empresa. Hoxe falamos con Iván Prieto, executivo con 20 anos de experiencia dirixindo equipos comerciais, administrativos e […]

Mancomún Podcast: 87 – Faladoiros Mancomún 2022, con Ana Jiménez
Voltamos cos “Faladoiros de Mancomún”. Charlas onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre. Un espazo onde visibilizar mulleres no sector tecnolóxico e onde poidan expresarse libremente, nun ambiente seguro e distendido. Neste […]

Mancomún Podcast: 86 – Librerías gráficas, OpenGL, Vulkan e Steam Deck con Samuel Iglesias
Hoxe imos adentrarnos no mundo dos píxeles e as librerías que os controlan, da man de Samuel Iglesias Gonsálvez. Samuel é Enxeñeiro de software gráfico na empresa Igalia, e Membro da Xunta Directiva da Fundación X.Org.

Mancomún Podcast: 85 – Reportaxe da esLibre Edición 2022
Aproveitando que están volvendo os eventos presenciais, asistimos en Vigo, á edición 2022 da esLibre. esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libres, centrada en compartir coñecemento e experiencia ao seu redor. Nesta ocasión, as comunidades GALPon e AGASOL fixeron posible que nos reuníramos nos espazos MARCO (Museo de Arte Contemporáneo de Vigo) […]

#Mancomún Podcast: 84 – Segundo especial sobre Hardware libre
Volvemos co segundo programa especial sobre Hardware libre en Mancomún Podcast, no que seguimos contando cos nosos estupendos colaboradores e colaboradoras: Iraisy, Juan, Mateo, Jose, Manuel, Salvari, Rafa e únese Luis Miranda. Contaremos coas seccións de: noticias, tecnoloxía inclusiva, críticas históricas, información sobre teléfonos intelixentes e unha sección máis técnica sobre aplicacións para hardware libre […]

#Mancomún Podcast: 83 – Faladorios Mancomún 2022, con Laura Castro
Os “Faladoiros de Mancomún” son charlas en formato videopodcast onde tanto as condutoras destas conversas, como as participantes, son mulleres relevantes no mundo tecnolóxico, e especialmente, mulleres en contacto con temas relacionados co software libre e a cultura libre. Neste primeiro faladoiro de 2022, contamos coa participación de: – Bárbara Román, compañeira da Oficina de […]

#Mancomún Podcast: 82 – Campañas e proxectos da Free Software Foundation Europe, con Andrés Diz
A Free Software Foundation Europe traballa para crear un entendemento xeral e un apoio ao Software Libre e os Estándares Abertos. Desde a súa fundación en 2001, a FSFE estivo traballando cada día para promover o Software Libre en Europa e máis aló, centrándose en protexer e ampliar os dereitos dos usuarios. Hoxe falamos con […]

#Mancomún Podcast: 81 – Segundo volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre
Volvemos contar coa grata compañía de Ángel Sánchez, conservador do Museo de Prehistoria de Valencia, que publicou a segunda parte da novela gráfica histórica “Balkar”, unha historia de ficción ambientada na Antiga Iberia. “Balkar. El compromiso de la Dama” é o título desta segunda entrega. Segundo volume de Balkar, novela gráfica creada con software libre

#Mancomún Podcast: 80 – Xornada de Software Libre Científico de Melisa
O 31 de marzo tivo lugar na Universidade de Santiago a “Xornda de Software Libre Científico”, organizada pola Asociación Melisa. Unha xornada de presentación de software con licenza libre para uso científico, na que o acceso foi libre. Estivemos conversando nesta xornada con Rafael Rodríguez Gayoso e con María José Ginzo Villamayor, parte da organización […]

#Mancomún Podcast: 79 – Primeiro especial sobre Hardware libre
A filosofía do software libre é tamén aplicable á do hardware libre, e por iso forma parte da cultura libre, un tipo de cultura que nos gusta moito en Mancomún Podcast. Chámase hardware libre, hardware de código aberto, electrónica libre ou máquinas libres a aqueles dispositivos de hardware cuxas especificacións e diagramas esquemáticos son de […]
Podcast
Contido do portal en formato sonoro e entrevistas ás persoas relevantes no mundo do software libre.
Esta sección busca achegar coñecemento á comunidade a través de conversas en profundidade con profesionais de diferentes eidos: Jitsi, Matrix, Etherpad, Taiga, Framadate, Drawpile, Bitwarden, Guacamole,… pero tamén teletraballo, recursos desenvolvidos en software libre, reportaxes sobre eventos…
Cada mes unha nova pílula de coñecemento. ¡Subscríbete para non perder ningunha!