Repositorio de manuais e recursos adicionáis

eXeLearning
eXeLearning é unha solución que proporciona unha ferramenta para crear contidos educativos tanto para formato web como para soportes físicos como memorias USB. Aínda que naceu como aplicación de escritorio, actualmente é unha aplicación web desenvolvida principalmente en Python e JavaScript que está liberada baixo os termos da licenza GPL versión 2 ou superior. Esta […]

Stickers inspirados no “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia”
O 11 de febreiro foi o “Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia“. Nesa data, lémbrase en todo o mundo a participación das mulleres e das nenas no mundo das ciencias. Visibilizando o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femininos para a […]

Recursos para aprender LibreOffice Base
Recursos en liña e gratuítos para aprender sobre LibreOffice Base: – «Capítulo 8. Primeros pasos con Base»: https://documentation.libreoffice.org/assets/Uploads/Documentation/es/GS62/PDF/GS6208-PrimerosPasosConBase.pdf – Documentación oficial, Guía de Base: https://documentation.libreoffice.org/es/documentacion-en-espanol/base/ – Documentación oficial en español para LibreOffice: https://documentation.libreoffice.org/es/documentacion-en-espanol/ – Axuda en liña para LibreOffice Base: https://help.libreoffice.org/latest/es/text/sdatabase/main.html – Curso de LibreOffice Base en OficinaLibre.net: https://oficinalibre.net/course/view.php?id=8 – Curso con vídeos, por CursosGratuitos: […]

Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
Este curso busca dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios á hora de traballar e crear documentos ofimáticos enriquecidos para un entorno académico/universitario/profesional, e así conseguir elaborar documentos de calidade, con resultados profesionais, seguros, perdurables e de fácil modificación.Centrarase, sobre todo, no procesador de textos Writer de LibreOffice e veranse estos temas: O material está dispoñible nos seguintes formatos: Licenza Este […]

Creación de infografías e deseños vectoriais
A infografía naceu como un medio de transmitir información gráfica de forma máis dinámica, viva e imaxinativa, e así resumir e explicar figurativamente ideas e conceptos. A infografía aplícase principalmente en revistas, documentos, xornais, folletos, páxinas da internet, educación, libros, etc. O propósito é que os gráficos chamen a atención de quen os visualiza polas cores, […]

Iniciación a GNU Octave
Este curso está dirixido a formar tanto ao persoal que habitualmente traballa con software de cálculo numérico privativo, como aos non iniciados no campo do cálculo numérico e no manexo de GNU Octave, software libre de referencia neste tipo de estudos e considerado o equivalente libre de Matlab. O material está dispoñible nos seguintes formatos: Licenza Este material publicase […]

Publicacións dixitais profesionais: deseño, autoedición, maquetación e diagramación con Scribus
Facer publicacións dixitais profesionais hoxe en día, é unha tarefa sinxela sempre que se conte cunha ferramenta de autoedición axeitada. Neste curso aprenderemos a usar Scribus, un software específico para a autoedición e maquetación que facilita e automatiza a composición, deseño e diagramación de páxinas. Scribus fai posible a creación dunha gran variedade de documentos e formularios, […]

Introdución ao uso de LibreOffice
LibreOffice é un conxunto completo de ferramentas de ofimática dispoñibles libremente, que inclúe un procesador de textos, folla de cálculo, presentacións, base de datos, debuxo vectorial e outras ferramentas. O formato de ficheiro propio de LibreOffice é OpenDocument, un formato estándar e aberto que está sendo adoptado por gobernos de todo o mundo como formato de […]

Documentación de apoio para o Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
Os presentes materiais teñen por misión servir de axuda ás e os estudantes que se presenten ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre, servindo como guía para adecuar o seu proxecto aos criterios que se valoran no mesmo, que non son outros que os mesmos que definen a filosofía do software libre. Segundo as […]

Material formativo da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática – CODIX
Que é o CODIX? A Certificación galega de competencias dixitais en ofimática, CODIX é unha certificación que acredita que o seu titular posúe a combinación de coñecementos, capacidades e aptitudes no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións precisas para desenvolverse con eficacia e eficiencia no manexo de aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación. Esta certificación está regulada polo Decreto 218/2011, […]
Repositorio
Este espazo do portal é un directorio documental e bibliográfico sobre as solucións TICs máis destacadas na actualidade no mundo do software libre.
Este repositorio busca aglutinar o amplo espectro de solucións TICs de software libre para a empresa, administracións públicas e particulares nas súas distintas áreas: CMS, comercio-e, comunicacións, contabilidade, CRM, desenvolvemento, deseño, educación, ERP, xestión documental, xestión de contidos, xestión de proxectos, infraestrutura, internet, ofimática, SIX, sistemas, utilidades… pero tamén documentación, plantillas e tip´s para utilizalos da mellor maneira posible.<
Este espazo desenvólvese con vocación de aglutinar todos os recursos máis destacados levados a cabo en software libre ou documentación que axude a implementalos e divulgalos. Se botas en falta algo ou queres que abordemos un aspecto concreto escríbenos a través do formulario de contacta e desenvolverémolo.