Repositorio de manuais e recursos adicionáis

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Sincronización de arquivos con Syncthing
Nesta entrega veremos Syncthing, programa libre multiplataforma para a sincronización continua de ficheiros. Sincroniza ficheiros entre dous ou máis dispositivos en tempo real. Os teus datos serán só teus e estarán seguros. Sincronizar ordenadores e dispositivos pode ser moi complicado para usuarios non expertos, pero con Syncthing esta tarefa faise doada e rápida, sen necesidade […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Lista de tarefas con Tasks
Nesta entrega veremos Tasks, aplicación potente e flexible para xestionar listas de tarefas e recordatorios a través dos nosos dispositivos Android. Unha aplicación de software libre, cunha licenza GNU GPLv3 que utiliza protocolos abertos. Tasks é compatible con Outlook, Thunderbird, Apple Reminders e outros sistema de produtividade. Conta con múltiples opcións de sincronización, podendo intercambiar […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Contactos de Simple Mobile Tools
Nesta entrega veremos unha aplicación para poder xestionar os nosos contactos, tanto persoais como empresariais, desde o noso dispositivo Android. Falamos de Contactos, parte da suite de Simple Mobile Tools: “Un grupo de aplicacións Android sinxelas e de software libre, sen anuncios nin permisos innecesarios”. Tibor Kaputa é o desenvolvedor desta ferramenta para Android. Segue […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Notas con Joplin
Nesta entrega veremos unha aplicación para poder tomar notas de forma rápida e sinxela, podendo acceder a elas desde diversos dispositivos. Joplin é unha aplicación de software libre para tomar notas e realizar tarefas pendentes, que pode xestionar un gran número de notas organizadas en cadernos. As notas pódense buscar, copiar, etiquetar e modificar directamente desde a aplicación ou […]

Aplicacións libres para Android orientadas a empresa: Escritorio remoto con RustDesk
Nesta entrega veremos unha aplicación para poder controlar o noso ordenador ou smartphone de forma remota. Ademais de permitir o control remoto, tamén poderemos transferir arquivos entre dispositivos Android e PC facilmente con el. RustDesk é unha aplicación multiplataforma de escritorio remoto de software libre. O seu código fonte pódese atopar en: https://github.com/rustdesk/rustdesk Vídeo sobre RustDesk

WebGLayer
WebGLayer é unha biblioteca Javascript de software libre utilizada para desenvolver mapas analíticos que axudan ás persoas para comprender os datos e a utilizalos para apoiar as súas decisións. Os mapas ofrecen unha interactividade moi alta e unha reacción rápida ás accións do usuario. Cada unha das vistas permite diferentes interaccións (como o filtrado ou […]

Framadate
Framadate é un servizo en liña que permite planificar unha cita ou evento, e a toma dunha decisión de forma rápida e sinxela, entre un grupo de persoas. Framadate baseouse inicialmente no software Studs desenvolvido pola Universidade de Estrasburgo. Hoxe en día, está desenvolvido pola asociación Framasoft. Non é necesario rexistrarse para usar o servizo. Soamente necesitas […]

Netbeans
Apache NetBeans proporciona editores e asistentes para axudar a crear aplicacións en Java, PHP e noutras linguaxes. É unha ferramenta de software libre (licenza Apache 2.0) e multiplataforma, podendo instalarse en todos os sistemas operativos que soportan Java (Windows, GNU/Linux, Mac OSX e BSD). Apache NetBeans é moito máis que un editor de texto. Resalta […]

Metabase Open Source Edition
Metabase Open Source Edition, exploración de datos para todo o equipo. Metabase configúrase en cinco minutos, conectándose á súa base de datos e dándolle valor aos seus datos en fermosas visualizacións, sen necesidade de SQL. Facilita o entendemento dos datos a todo o mundo, non só aos analistas e desenvolvedores. Axude ao seu equipo para […]

Node js
Node.js é unha contorna de execución JavaScript de software libre e multiplataforma. Como tempo de execución de JavaScript asíncrono baseado en eventos, Node.js está deseñado para construír aplicacións de rede escalables. Os usuarios de Node.js non teñen que preocuparse polo bloqueo do proceso, xa que non hai bloqueos. Desta forma, os sistemas escalables son moi […]
Repositorio
Este espazo do portal é un directorio documental e bibliográfico sobre as solucións TICs máis destacadas na actualidade no mundo do software libre.
Este repositorio busca aglutinar o amplo espectro de solucións TICs de software libre para a empresa, administracións públicas e particulares nas súas distintas áreas: CMS, comercio-e, comunicacións, contabilidade, CRM, desenvolvemento, deseño, educación, ERP, xestión documental, xestión de contidos, xestión de proxectos, infraestrutura, internet, ofimática, SIX, sistemas, utilidades… pero tamén documentación, plantillas e tip´s para utilizalos da mellor maneira posible.<
Este espazo desenvólvese con vocación de aglutinar todos os recursos máis destacados levados a cabo en software libre ou documentación que axude a implementalos e divulgalos. Se botas en falta algo ou queres que abordemos un aspecto concreto escríbenos a través do formulario de contacta e desenvolverémolo.